MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Incapacidade permanente » Réxime Xeral » Prestacións » Incapacidade permanente parcial

Incapacidade permanente parcial

É aquela que, sen alcanzar o grao de total, ocasiona ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no seu rendemento normal para a profesión habitual, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma.



As persoas incluídas no réxime xeral declaradas en situación de incapacidade permanente parcial (calquera que sexa a continxencia que a orixine) sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 65 anos na data do feito causante e/ou non reunir os requisitos esixidos para acceder á pensión de xubilación contributiva do sistema, se a incapacidade deriva de continxencias comúns.
  • Estar afiliadas e en alta ou en situación asimilada á alta.

    Cando a incapacidade derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional, os traballadores consideraranse de pleno dereito afiliados e en alta, aínda que o empresario incumprise as súas obrigas.

    Considérase situación de alta especial a folga legal ou o peche patronal.

    Os representantes de comercio, artistas e profesionais taurinos deben estar ademais ao corrente do pagamento das cotas na data na que sobreveña a continxencia. De non ser así, advertirase da necesidade de poñer os pagamentos ao corrente (sempre que as cotas debidas non afecten ao período de carencia) como condición para poder recibir a prestación.
  • Ter cuberto un período previo de cotización, se a incapacidade deriva de enfermidade común:
    • De 1.800 días de cotización nos 10 anos inmediatamente anteriores á data na que se extinguise a incapacidade temporal da que derive a incapacidade permanente.

No caso dos traballadores con contratos a tempo parcial, de remuda e fixo-descontinuo, para acreditar os períodos de cotización, computaranse exclusivamente as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, tanto ordinarias como complementarias, calculando a súa equivalencia en días teóricos de cotización:

    1. O número de horas efectivamente traballadas dividirase por 5, equivalente diario do cómputo de 1.826 horas anuais.
    2. O período de 10 anos, dentro do que teñen que estar comprendidos os 1.800 días ou os que, de ser o caso, correspondan, incrementarase na mesma proporción na que se reduza a xornada efectivamente realizada respecto á xornada habitual na actividade correspondente.
    3. A fracción de día, de ser o caso, asimilarase a día completo.

Non se esixe período previo de cotización, se a incapacidade deriva de accidente (sexa ou non laboral) ou de enfermidade profesional.



  • A situación legal de desemprego, total e subsidiado, e a de paro involuntario unha vez esgotada a prestación contributiva ou asistencial, sempre que en tal situación se manteña a inscrición como desempregado na oficina de emprego.
  • A situación do traballador durante o período correspondente a vacacións anuais retribuídas que non se gozasen con anterioridade á finalización do contrato.
  • A excedencia forzosa.
  • O período de tempo no que o traballador permaneza en situación de excedencia por coidar o fillo, de menor acollido ou doutros familiares, que exceda do período considerado de cotización efectiva no artigo 180 da LGSS.
  • O traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional.
  • Os períodos de inactividade entre traballos de tempada.
  • Os períodos de prisión sufridos como consecuencia dos supostos contemplados na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de amnistía, nos termos regulados na Lei 18/1984, do 8 de xuño.
  • A situación daqueles traballadores que non se atopen en alta nin en ningunha outra das situacións asimiladas a esta, despois de prestaren servizos en postos de traballo que ofrecesen risco de enfermidade profesional e para os únicos efectos de que poida declararse unha incapacidade permanente debida a esta continxencia.
  • Os períodos de percepción da axuda equivalente a xubilación anticipada e de axuda previa á xubilación ordinaria.
  • A situación de incapacidade temporal que subsista unha vez extinguido o contrato. 
  • A situación de maternidade ou paternidade que subsista unha vez extinguido o contrato de traballo ou que se inicie durante a percepción da prestación por desemprego.
  • No caso dos artistas e profesionais taurinos, os días que se consideren cotizados dentro de cada ano natural en aplicación das normas que regulan a súa cotización e que non se correspondan cos de prestación de servizos.
  • No caso dos traballadores afectados pola síndrome tóxica que, por tal causa, cesaron no seu día no exercicio da súa actividade laboral ou profesional, sen que puidesen continuar ese exercicio, e que estiveran en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social, a situación asimilada entenderase con respecto ao réxime no que o traballador estivese encadrado cando cesou na súa actividade e para as continxencias comúns. 
  • O período de suspensión do contrato de traballo por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima da violencia de xénero.


  • Feito causante:

    Se a incapacidade permanente xorde tras extinguirse a incapacidade temporal da que deriva, ben por esgotamento do prazo, ben por alta médica con proposta de incapacidade permanente, o feito causante enténdese producido na data da extinción da incapacidade temporal.

    Se a incapacidade permanente non está precedida de incapacidade temporal ou esta non se extinguiu, o feito causante enténdese producido na data de emisión do ditame-proposta do Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI).
  • Efectos económicos: a prestación faise efectiva a partir da correspondente resolución.


Contía:

  • A prestación consiste nunha indemnización a tanto alzado.

  • A contía da indemnización é igual a 24 mensualidades da base reguladora que serviu para o cálculo do subsidio de incapacidade temporal do que se deriva a incapacidade permanente.

  • Nos supostos nos que non existise incapacidade temporal previa, por carecer desta protección o beneficiario, tomarase como base reguladora a que correspondería por incapacidade temporal, se tivese dereito a esta prestación.

Aboamento:

  • Abóase nun pagamento único.

  • Garántense contías mínimas nos casos de incapacidade permanente parcial, causada ao abeiro do Regulamento de Accidentes de Traballo (aprobado por Decreto de 22-6-56), ao facer os beneficiarios 65 anos de idade.

  • A prestación está suxeita a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e sometida, no seu caso, ao sistema xeral de retencións a conta do imposto.


  • É compatible co desenvolvemento de calquera actividade laboral, tanto por conta allea como por conta propia.

  • É compatible co mantemento do traballo que se viñese desenvolvendo. 


  • A xestión efectúase por:

    • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), con carácter xeral.

    • O Instituto Social da Mariña (ISM), se se trata de traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial do Mar.

  • O pagamento lévase a cabo por:

    • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña (ISM), cando a incapacidade permanente derive de enfermidade común ou accidente non laboral.

    • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), cando a incapacidade permanente derive de enfermidade profesional.

    • O Instituto Nacional da Seguridade Social ou a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, no seu caso, cando derive de accidente de traballo.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS