
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Asistencia sanitaria » Réxime Xeral » Nacemento do dereito / Duración / Extinción
Nacemento do dereito / Duración / Extinción
-
O dereito á asistencia sanitaria nace o día da afiliación ao Sistema, tanto para o titular como para os seus familiares ou asimilados beneficiarios.
-
A efectividade do dereito prodúcese, tanto para o titular como para os seus familiares ou asimilados beneficiarios, a partir do día seguinte ao da presentación da alta no Réxime correspondente e consérvase, non obstante, sen solución de continuidade, cando ao cambiar de empresa non transcorresen máis de cinco días entre a baixa e a comunicación da súa alta na nova empresa.
-
Os pensionistas, traballadores en alta e familiares duns e outros,mentres dure o proceso patolóxico.
Os traballadores que sufrisen un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional manteñen o dereito á asistencia sanitaria durante todo o proceso, aínda que causen baixa na Seguridade Social.
-
No caso de traballadores dados de baixa na Seguridade Social e beneficiarios destes, a duración será diferente, segundo teñan ou non 90 días cotizados dentro dos 365 días anteriores.
-
Se cotizaron os 90 días dentro dos 365 anteriores, conservan o dereito a que se inicie a prestación durante os 90 días seguintes á baixa e a súa duración será a seguinte:
-
52 ou 39 semanas, segundo sexa traballador ou beneficiario, se a asistencia sanitaria se inicia antes da baixa.
-
39 ou 26 semanas, segundo sexa traballador ou familiar, se a asistencia sanitaria se inicia despois da baixa.
-
Se non cotizaron os 90 días dentro dos 365 días anteriores, sempre que a asistencia sanitaria se iniciase antes da baixa, a duración será de 39 ou 26 semanas, segundo sexa traballador ou familiar.
-
Emigrantes e familiares destes a países estranxeiros, durante os períodos antes sinalados, que poden ser prorrogados excepcionalmente.
-
Traballadores en excedencia por cumprimento do servizo militar e da prestación social substitutiva:
Os beneficiarios a cargo destes traballadores conservarán o dereito á asistencia sanitaria durante o tempo de permanencia nestas situacións e os 30 días previstos polo Estatuto dos Traballadores para a súa reincorporación á empresa; durante estes 30 días, gozará de igual dereito o propio traballador.
-
Os traballadores en situación de alta especial por folga legal ou peche patronal,mentres dure tal situación.
-
Os excedentes para o coidado de fillos ou menores acollidos, durante os dous primeiros anos, ampliándose a 30 ou 36 meses en supostos de familia numerosa, segundo sexa categoría xeral ou especial.
- Cando se perdan as condicións requiridas para ser titular ou beneficiario do dereito.
- Por falecemento.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





