
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Asistencia sanitaria » Réxime Xeral » Beneficiarios / situacións protexidas
Beneficiarios / situacións protexidas
-
Os traballadores do Réxime Xeral, afiliados e en alta ou en situación asimilada á de alta. A efectos desta prestación, considéranse en alta de pleno dereito, aínda que o empresario incumpra as súas obrigas.
-
Os pensionistas e perceptores de prestacións periódicas, incluídos os perceptores da prestación ou subsidio de desemprego.
-
Os familiares ou asimilados a cargo dos anteriores titulares do dereito:
-
O cónxuxe.
-
Os separados/as e divorciados/as que perciban do titular do dereito unha pensión compensatoria declarada xudicialmente.
-
A persoa que, sen ser cónxuxe titular do dereito, conviva maritalmente con el, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude, e tamén os fillos desta.
-
Os descendentes (de ambos cónxuxes ou de calquera deles), fillos adoptivos e irmáns. Excepcionalmente, os acollidos de feito, incluídos os nenos estranxeiros acollidos de feito e con carácter temporal por españois titulares do dereito á asistencia sanitaria.
-
Os ascendentes do titular e do seu cónxuxe, ademais dos cónxuxes de tales ascendentes por ulteriores nupcias.
Todos eles han de reunir os seguintes requisitos:
-
Convivir co titular (agás separados e divorciados) e estar ao seu cargo.
-
Non realizar traballo remunerado ningún, nin percibir renda patrimonial nin pensión ningunha superiores ao dobre do IPREM.
-
Non ter dereito a esta prestación por título distinto.
Outros titulares/beneficiarios:
-
Os orfos absolutos e os descendentes e irmáns de traballadores ou pensionistas, cando tras seren titulares dunha pensión de orfandade ou en favor de familiares, respectivamente, se extinguise a mesma por chegar á idade, carezan de medios de subsistencia e non estean acollidos por unha persoa que sexa titular do dereito a esta prestación.
-
Españois de orixe retornados e pensionistas españois de orixe residentes no exterior desprazados temporalmente ao territorio nacional.
-
Os emigrantes españois que, durante as súas estancias temporais en España ou ao retornar definitivamente, subscriban un convenio de asistencia sanitaria, por non ter dereito á mesma por outro concepto.
-
Outros colectivos integrados no Réxime Xeral a efectos de asistencia sanitaria son:
-
Os mutilados ex-combatentes da zona republicana.
-
O persoal que, durante a guerra civil, formou parte das Forzas Armadas, Forzas de Orde Pública e Corpo de Carabineiros da República.
-
As persoas sen recursos económicos suficientes.
-
Os titulares de pensións causadas por actos de terrorismo.
-
Os beneficiarios de pensións de viuvez, orfandade e en favor de familiares, causadas polos españois falecidos como consecuencia ou con ocasión da guerra civil.
-
-
Os estranxeiros residentes en España (con tarxeta ou permiso de residencia), teñen dereito á asistencia sanitaria da Seguridade Social nas mesmas condicións que os españois, conforme ao establecido no artigo 14.1 da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de Xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros e a súa integración social.
-
Os nacionais dos estados membros da Unión Europea e aqueles a quen sexa de aplicación o réxime comunitario rexeranse pola lexislación da Unión Europea. Se se trata de nacionais de países cos que España ten subscritos tratados, convenios ou instrumentos internacionais, aplicaráselles estes con carácter prioritario fronte ás normas nacionais.
-
A enfermidade común ou profesional.
-
O accidente sexa ou non de traballo.
-
A maternidade.
-
Risco durante o embarazo.
-
Risco durante a lactación natural.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





