
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Cotización / Recadación de Traballadores » Réximes » Réxime Especial dos Traballadores do Mar » Información Xeral
Información Xeral
As persoas incluídas no Réxime Especial dos Traballadores do Mar , son suxeitos obrigados a cotizar, no de traballadores por conta allea o empresario e o traballador, respecto do de traballadores por conta propia será o mesmo traballador por conta propia.
Aos efectos de cotización, os traballadores e as empresas divídense nos seguintes grupos:
-
Grupo I: comprende aos traballadores por conta allea retribuídos a salario e aos retribuídos á parte, que presten servizos en embarcacións dedicadas ao transporte marítimo ou traballen en embarcacións pesqueiras de máis de 150 toneladas de rexistro bruto e ás súas empresas. Ademais dos citados anteriormente, aqueles que opten, de acordo cos seus empresarios, por cotizar na mesma contía e forma que os retribuídos a salario.
-
Grupo II-A: comprende aos traballadores por conta allea, retribuídos á parte, que presten servizos en embarcacións pesqueiras comprendidas entre 50,01 e 150 toneladas de rexistro bruto e ás súas empresas.
-
Grupo II-B: comprende aos traballadores por conta allea, retribuídos á parte, que presten os seus servizos en embarcacións pesqueiras comprendidas entre 10,01 e 50 toneladas de rexistro bruto e as súas empresas.
-
Grupo III: comprende aos traballadores por conta allea, retribuídos á parte, que presten servizo en embarcacións de ata 10 toneladas de rexistro bruto e as súas empresas. Tamén comprende aos traballadores por conta propia ou autónomos, incluídos os armadores de pequenas embarcacións, sempre que realicen o seu traballo a bordo como técnicos ou tripulantes, o número total destes, incluído o armador, non exceda de cinco e a embarcación non exceda de 10 toneladas de rexistro bruto.
-A obriga de cotizar nace dende o mesmo momento do inicio da prestación do traballo, incluído o período de proba e extínguese, respecto dos traballadores por conta allea, pola finalización do traballo na empresa ou, no seu caso, polo cesamento na actividade do traballador por conta propia.
Neste Réxime Especial, as cotas a ingresar veñen determinadas polas bases de cotización.
A base de cotización está constituída polas remuneracións efectivamente percibidas polo traballador, con algunhas peculiaridades respecto ao seu cálculo, en función do Grupo ao que pertenza o traballador:
-
O Grupo I: En iguais condicións que o Réxime Xeral
-
Nos Grupos II e IIIl, a cotización para todas as continxencias e situacións protexidas neste Réxime Especial dos Traballadores do Mar incluídos nos grupos segundo e terceiro, a que se refire o artigo 19.5 do Texto Refundido aprobado por Decreto 2864/1974, de 30 de agosto, efectuarase sobre as remuneracións que se determinen anualmente mediante Orde do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a proposta do Instituto Social da Mariña, oídas as organizacións representativas do sector. Tal determinación efectuarase por provincias, modalidades de pesca e categorías profesionais, sobre a base dos valores medios de remuneración percibida no ano precedente.
As bases que se determinen serán únicas, sen que se tomen en consideración os topes mínimos e máximos previstos para as restantes actividades. Non obstante, estas bases non poderán ser inferiores ás bases mínimas que se establezan, para as distintas categorías profesionais.
Á base de cotización por continxencias comúns aplícanselle os seguintes coeficientes correctores:
- Grupo II A: 2/3.
- Grupo II B: 1/2.
- Grupo III: 1/3.
Á base de cotización por desemprego aplícasenlle igualmente os mesmos coeficientes correctores que os establecidos para continxencias comúns.
As contías das bases de cotización pódense consultar no Anexo de Bases de Cotización
Condicións e requisitos xerais: igual que no Réxime Xeral da Seguridade Social
Tramitación : Direccións Provinciais e Locais do ISM.
O Instituto Social da Mariña é o Organismo colaborador coa Tesourería Xeral da Seguridade Social no desempeño da función recadatoria dentro do sector marítimo-pesqueiro, con especial referencia ao control das cotizacións a efectos do despacho de embarcacións pola autoridade competente.
Neste sentido, son suxeitos responsables do ingreso das cotas:
- O empresario, é o responsable do ingreso da súa propia achega e da dos seus traballadores
- O traballador por conta propia é o responsable das súas cotizacións
Documentación a presentar:
- TC-1/16 Boletín de cotización para os Grupos I, II e III traballadores por conta allea.
- TC-1/50 Boletín de cotización para o Grupo III traballadores conta propia.
- TC-2/5 Relación nominal de traballadores.
- TC-1/50 Convenios Especiais.
Condicións e requisitos xerais: igual que no Réxime Xeral da Seguridade Social
Tramitación: Direccións Provinciais e Locais do ISM.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





