MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Sistemas Especiais




A Lei Xeral da Seguridade Social prevé que, naqueles Réximes da Seguridade Social en que así resulte necesario, poderanse establecer Sistemas Especiais exclusivamente nalgunha ou nalgunhas das seguintes materias: encadramento, afiliación, forma de cotización ou recadación.

Estes Sistemas Especiais creáronse no Réxime Xeral, por isto, están rexidos polas normas comúns do Réxime Xeral, a excepción das particularidades especificamente previstas en cada un deles.


Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas de estudos de mercado e opinión pública, respecto dos seus traballadores fixos descontinuos que realicen tarefas de realización de enquisas.



Este Sistema Especial é aplicable ás empresas de exhibición cinematográfica, salas de baile, discotecas, salas de festa e outros locais de espectáculos análogos, respecto ao persoal do seu cadro que non traballe tódolos días da semana.



Este sistema especial é aplicable aos empresarios colleiteiros-exportadores de tomate fresco, e aos traballadores eventuais ou de tempada ao seu servizo que se dediquen exclusivamente á manipulación e empaquetado de tomate fresco con destino á exportación, e dentro da campaña oficial.



A Orde do 10 de setembro de 1973 creou este sistema especial exclusivamente para as provincias de Madrid e Barcelona.

A efectividade do mesmo levaba consigo a existencia dun convenio de colaboración entre o antigo Instituto Nacional de Previsión e o tamén extinguido Sindicato Provincial de Hostalería. Na provincia de Barcelona non se chegou a asinar este convenio, polo que o sistema especial non chegou a aplicarse.

Na provincia de Madrid o convenio subscrito denunciouse no ano 1993, aínda que dende aquela data o Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal, colaborou cos empresarios hosteleiros en labores de captación e formación de traballadores desta rama de actividade, así como nas xestións para o trámite de altas e baixas na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As competencias asumidas polo Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal en Madrid, transfiríronse aos servizos correspondentes da Comunidade Autónoma.



Estarán incluídos neste Sistema Especial a totalidade das empresas dedicadas á explotación de piñeirais para a obtención de mieras e os traballadores do monte, resineiros e remasadores, ao servizo das mesmas.

A efectos deste Sistema Especial, as campañas terán, para os traballadores citados, a seguinte duración:

  • Resineiros: Do primeiro de marzo ao quince de novembro
  • Remasadores: Do primeiro de xuño ao trinta e un de outubro.


Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas dedicadas ás actividades de manipulación, envasado e comercialización de froitas e hortalizas e de fabricación de conservas vexetais, e os traballadores ao servizo das mesmas, calquera que sexa a duración prevista nos seus contratos laborais, e sempre que as súas actividades se realicen de forma intermitente ou cíclica.

As actividades das empresas ás que é de aplicación este Sistema Especial configuraranse en campañas que se iniciarán o primeiro de xaneiro, finalizando o trinta e un de decembro de cada ano. Non obstante, as empresas afectadas poderán solicitar, razoadamente, a alteración das datas de consideración de inicio e finalización de campaña.



Con efectos o 1 de xaneiro de 2012 os traballadores do Réxime Especial Agrario inclúense dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante a creación do Sistema Especial Agrario.

Están incluídos neste Sistema Especial os traballadores por conta allea que realicen labores agrarias, forestais ou pecuarias ou sexan complementarias ou auxiliares das mesmas, en explotacións agrarias, así como os empresarios aos que presten os seus servizos.



Persoas incluídas

Estarán incluídos neste Réxime Especial, en calidade de empregados do fogar tódolos traballadores, calquera que sexa o seu sexo e estado civil, e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos.
  • Que presten servizos exclusivamente domésticos para un ou varios titulares do fogar familiar, ou a un grupo de persoas, que sen constituír unha familia, convivan no mesmo fogar con tal carácter familiar.
  • Que estes servizos sexan prestados na casa que habite o titular do fogar familiar e demais persoas que compoñen o fogar.
  • Que perciba por este servizo un soldo ou remuneración de calquera clase que sexa.

Os empregados do fogar españois residentes no estranxeiro, ao servizo dos representantes diplomáticos, consulares e funcionarios do Estado, oficialmente destinados fóra de España, poderán solicitar a súa inclusión neste Réxime Especial, que lles será outorgada sempre que reúnan os demais requisitos esixidos.

Persoas excluídas

  • Parentes do titular do fogar familiar por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, agás familiares do sexo feminino de sacerdotes célibes, que convivan con eles.
  • Afillados ou acollidos de feito ou de dereito.
  • Persoas que prestan servizos amigables, benévolos ou de boa veciñanza.
  • Condutores de vehículos de motor, ao servizo de particulares, xardinería e gardería, cando estas actividades non formen parte do conxunto de tarefas domésticas.

Dende o día 1 de xaneiro de 2012 os traballadores incluídos no Réxime Especial de Empregados de Fogar quedaron integrados dentro do Réxime Xeral, mediante a creación do Sistema Especial para Empregados de Fogar.

Esta integración afecta tanto aos trabajadores que prestan servizos con carácter fixo para un titular do fogar familiar, como aos denominados "descontinuos" cuxa actividade se realiza para varios titulares de fogar familiar.

A inclusión dentro do Sistema Especial estrutúrase mediante a existencia dun titular de fogar familiar, que debe dispoñer dun Código de Conta de Cotización, ao que se adscribe a persoa que presta servizos co carácter de traballador por conta allea.

Establécese un período transitorio que comprende do 01-01-2012 ao 30-06-2012, para que, durante o cal os empregadores e as persoas empregadas procedentes do Réxime Especial da Seguridade Social de Empregados de Fogar, comuniquen á Tesourería Xeral da Seguridade Social o cumprimento das condicións esixidas para a súa inclusión no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

Os efectos desta comunicación serán do día 1º do mes seguinte ao da presentación da solicitude.

Chegado o 30-06-2012 sen que se comunicase o cumprimento de tales condicións, os empregados de fogar que presten servizos con carácter parcial ou descontinuo quedarán excluídos deste Sistema, coa conseguinte baixa no Réxime Xeral.

 

 



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS