
Está vostede en: Inicio > Traballadores > Afiliación > Incentivos á contratación, á actividade autónoma e outras peculiaridades de cotización > Incentivos á actividade autónoma
De conformidade co establecido na Disposición final sexta da Lei 43/2006, do 30 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, con efectos do 31 de decembro de 2006, as persoas con discapacidade que causen alta inicial no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, beneficiaranse, durante os 5 anos seguintes á data de efectos da alta, dunha bonificación do 50% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo vixente en cada momento no mencionado Réxime Especial.
De conformidade co establecido na Disposición adicional quincuaxésimo terceira da Lei 30/2005, do 29 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2006, con efectos do 1 de xaneiro de 2006, as persoas con discapacidade que causen alta inicial no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, beneficiaranse, durante os 3 anos seguintes á data de efectos da alta, dunha bonificación do 50% da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo vixente en cada momento no mencionado Réxime Especial.
CON PROXECTO DE AUTOEMPREGO: De conformidade co establecido na anterior Disposición adicional undécima da Lei 45/2002, do 12 de decembro, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade, as persoas minusválidas que se establezan ata o 31 de decembro de 2005 como traballadores por conta propia, vinculados a un proxecto de autoemprego aprobado pola Administración competente, beneficiaranse durante os tres anos seguintes a esta aprobación dunha bonificación do 50 por 100 da cota correspondente á base de cotización mínima establecida polo Réxime especial da Seguridade Social de Traballadores por Conta Propia ou Autónomo.
De conformidade co establecido na Disposición adicional trixésimo quinta da Lei Xeral da Seguridade Social, segundo a redacción dada á mesma pola Disposición adicional décimo terceira da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, todos os traballadores por conta propia do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, incluídos os socios traballadores de Cooperativas de Traballo Asociado, incorporados ao citado Réxime Especial a partir do 12 de outubro de 2007, que teñan 30 ou menos anos de idade, teñen dereito, a partir do 1 de outubro de 2007, a unha redución, durante os 15 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, equivalente ao 30 por 100 da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento neste Réxime, e unha bonificación, nos 15 meses seguintes ao remate do período de redución, de igual contía que esta.
O límite de idade indicado no parágrafo anterior será de 35 anos, no caso de traballadoras por conta propia.
De conformidade co establecido na Disposición adicional sesaxésimo quinta da Lei 30/2005, do 29 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para 2006, as traballadoras por conta propia do Réxime Especial de Traballadores por conta propia e autónomos que, despois de cesar na súa actividade por maternidade e gozar do período de descanso correspondente, volvan realizar unha actividade por conta propia nos dous anos seguintes á data do parto, terán dereito a percibir unha bonificación do 100 por cento da cota por continxencias comúns resultante de aplicar o tipo de cotización á base mínima vixente no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos da Seguridade Social, independentemente da base pola que coticen, e durante un período de 12 meses. Esta bonificación seralles tamén de aplicación ás socias traballadoras de cooperativas de traballo asociado que se inclúan no devandito réxime especial.
De conformidade co establecido na Disposición adicional trixésima da Lei Xeral da Seguridade Social, segundo a redacción dada á mesma pola disposición adicional trixésimo novena da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social, desenvolvida pola Orde TAS/471/2004, do 26 de febreiro, esta Orde á súa vez, modificada pola Orde TAS/856/2006, do 21 de marzo; todos os traballadores por conta propia do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, incluídos os socios de cooperativas de traballo asociado que ostenten tal carácter, cando exerzan a súa actividade nas Cidades de Ceuta ou Melilla, dedicados ás actividades encadradas unicamente nos Sectores de Comercio, Hostalaría e Industria, agás Enerxía e Auga, e nas actividades das axencias de viaxes, operadores turísticos e outras actividades de apoio turístico, conforme á clasificación de actividades contida no Real Decreto 1560/1992, do 18 de decembro, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-93), teñen dereito, a partir do 1 de abril de 2004, a unha bonificación do 40 por 100.
De conformidade co indicado na disposición adicional cuadraxésimo novena da Lei 30/2005, do 29 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2006, establécese unha redución de cotas a favor dos cotitulares de explotacións agrarias no sentido que se indica a continuación:
Un. No suposto de persoas que sexan cotitulares de explotacións agrarias incorporadas ao réxime especial agrario da Seguridade Social a partir do 1 de xaneiro de 2006, que teñan 40 anos de idade ou menos e cuxo cónxuxe, tamén cotitular da mesma explotación agraria, estea dado de alta no devandito réxime especial, aplicarase unha redución do 30% da cota por continxencias comúns de cobertura obrigatoria que corresponda ingresar, en función da base de cotización correspondente e o tipo de cotización do 18,75%.
Dous. A redución das cotas establecida no apartado 1 terá unha duración de tres anos contados a partir do 1 de abril de 2006, agás no suposto de altas no réxime especial agrario da Seguridade Social por parte de persoas que reúnan os requisitos indicados no apartado anterior, posteriores á data indicada, en cuxo caso o prazo de tres anos será computado desde a data de efecto da obriga de cotizar.
Tres. Transitoria. (Lei 18/2007)
As persoas incorporadas a este Réxime como traballadores por conta propia, entre o 1 de agosto de 2007 e o 31 de decembro de 2007 que teñan 40 ou menos anos de idade no momento da incorporación e sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria, sempre que este se atope incluído no citado réxime especial, aplicaráselles sobre a cotización por continxencias comúns de cobertura obrigatoria unha redución equivalente ao 30% da cota dende a data de inicio e ata o 31/12/2007.