MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Réxime Xeral da Seguridade Social




As solicitudes de alta deberán presentarse con carácter previo ao comezo da prestación de servizos polo traballador, sen que en ningún caso poidan exceder dos sesenta días naturais anteriores á data prevista para a iniciación da mesma.

Nos casos excepcionais nos que non se puidese prever con antelación esta iniciación, se o día ou días anteriores á mesma fosen inhábiles, ou se a prestación de servizos se iniciase en horas así mesmo inhábiles, deberán remitirse, con anterioridade ao inicio da prestación de servizos, por telegrama, fax ou por calquera outro medio electrónico, informático ou telemático.



ARTISTAS

As solicitudes de afiliación, e as comunicacións das súas altas, baixas e variacións de datos efectúanse conforme ao establecido para o Réxime Xeral.

A Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou Administración da mesma, expedirá un talonario de xustificante de actuacións a nome do traballador afiliado.

Ao finalizar a prestación dos servizos, o artista entregará ao empresario dous exemplares do xustificante para que os cubra.

Un exemplar do xustificante deberá envialo o artista á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma, na que figure adscrito, dentro dos quince días do mes de xaneiro do ano seguinte ao que teñan lugar estas actuacións.

O outro exemplar do xustificante quedará en poder do empresario para a súa presentación mensual xunto coa liquidación de cotas.

                              

PROFESIONAIS TAURINOS

Censo de Activos de profesionais taurinos

Nos primeiros quince días do mes de xaneiro de cada ano, os profesionais taurinos deberán efectuar, ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma, declaración da súa permanencia no exercicio profesional durante a tempada taurina correspondente a este ano, con obxecto da súa inclusión no Censo de Activos de Profesionais Taurinos.

A inclusión no Censo de Activos e a permanencia no mesmo, eximirá da obriga, por parte das empresas, de comunicar as altas e baixas dos profesionais taurinos, correspondentes a cada espectáculo no que participen. En consecuencia, neste colectivo non existen altas e baixas sucesivas, nin obriga, polo tanto, de presentar para estes efectos o modelo TA-2/S (modelo de altas e baixas sucesivas). Non obstante, si deberán comunicar as variacións referidas aos seus datos identificativos (domicilio, etc.) para os efectos de actualización do Censo de Activos.

A permanencia no exercicio profesional recoñecerase cando o profesional taurino acredite, por calquera medio de proba, e especialmente mediante a remisión de xustificantes de actuacións, ter participado, polo menos, en oito espectáculos taurinos durante o ano anterior ao que se refire a declaración de permanencia.

A acreditación de permanencia e a correspondente inclusión no Censo de Activos motivará a consideración do declarante en situación de alta, para todos os efectos, durante o ano natural.

Cando se trate de profesionais taurinos que inicien a súa actividade profesional, ou, que durante o ano anterior non participasen en oito espectáculos, a inclusión no Censo terá efectos dende o día da súa primeira actuación.

Cando a declaración de permanencia se efectúe despois do quince de xaneiro de cada ano, a inclusión no Censo de Activos unicamente producirá efecto dende o mesmo día no que teña lugar a primeira actuación do profesional taurino.

A falta de declaración de permanencia antes do quince de xaneiro de cada ano motivará a baixa automática do profesional taurino, con efectos do primeiro de xaneiro dese ano.

                              



Traballadores fixos descontinuos de empresas de estudo de mercado e opinión pública

As solicitudes de alta e baixa dos traballadores fixos descontinuos que correspondan ao inicio ou ao cesamento definitivo, da súa relación laboral coa empresa, serán presentadas polo empresario, conforme ás normas comúns establecidas no Réxime Xeral da Seguridade Social. Hai que seguir o mesmo criterio con respecto á variación de datos.

Ademais destas obrigas, os empresarios presentarán, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha relación nominal dos seus traballadores fixos descontinuos, con indicación dos días en que prestaran servizos durante o mes anterior e o total dos días traballados no mesmo.

                              

Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas

As Empresas presentarán, durante os cinco primeiros días naturais de cada mes, un parte de alta, que conterá os seguintes datos:

Relación nominal dos traballadores incluídos no campo de aplicación.
Días fixos de traballo de cada semana durante este período.

As altas dos traballadores que ingresen con posterioridade á comunicación do parte mensual, e as baixas e variacións dos traballadores, rexeranse polas normas comúns do Réxime Xeral .

                              

Manipulación e empaquetado do tomate fresco, realizado por colleiteiros exportadores

As Asociacións Profesionais de Froitas e Produtos Hortícolas tramitarán as altas e baixas dos traballadores que reciban dos empresarios, co obxecto de efectuar a súa comunicación á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma.

Os empresarios cursarán as baixas dos seus traballadores ao finalizar as respectivas campañas, con independencia das que comunicasen durante o transcurso das mesmas.

Do mesmo modo deberán dar as correspondentes baixas cando os traballadores, aínda permanecendo ao servizo do mesmo empresario, pasen a traballar en campaña distinta daquela na que causaron alta.

                              

Servizos extraordinarios de hostalería

En materia de afiliación, altas e baixas, rexen as mesmas regras do Réxime Xeral.

                              

Industria resineira

A particularidade que presenta este Sistema Especial consiste en que as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, non serán obxecto de comunicación.

                              

Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais

  • Altas e baixas de inicio e remate de campaña

    As altas e baixas de inicio e remate de campaña, deberá comunicalas o empresario, no prazo máximo de cinco días naturais, contados a partir da iniciación ou cesamento no traballo, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.
    As altas de inicio de campaña poderanse presentar a través de medios informáticos, electrónicos ou telemáticos (Sistema RED). Non así, as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, nin a baixa definitiva.


  • Altas e baixas sucesivas de campaña

    As altas e baixas sucesivas intermedias entre a alta de inicio de campaña e a baixa de remate, deberá comunicalas o empresario, antes do remate do mes seguinte no que se tivesen producido, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.


Agrario CCC

As solicitudes de alta e baixa preséntanse con carácter previo ao comezo da prestación de servizos polo traballador, sen que en ningún caso poida exceder dos 60 días naturais anteriores á data prevista para a iniciación da mesma.

Se se contratan traballadores eventuais ou fixos descontinuos o mesmo día en que comecen a prestación de servizos, a alta pódese presentar ata as 12 horas deste día, cando non fose posible formalizarse con anterioridade. Se a xornada de traballo termina antes das 12 horas, a alta debe presentarse antes desa hora.

Agrario Inactividade

Inclusión. Para estar incluído no Sistema Especial Agrario-Inactividade, é necesario ter realizado un mínimo de 30 xornadas reais nos 365 días anteriores. Os efectos da cotización durante os períodos de inactividade terán lugar a partir do día primero do mes seguinte ao do cesamento da actividade agraria.

Exclusión. A exclusión do Sistema Especial agrario-Inactividade pódese producir por solicitude do traballador (Modelo TA0161) en cuxo caso os efectos son dende o día primeiro do mes seguinte ao da solicitude.

O traballador tamén podería solicitar a exclusión do Sistema Especial Agrario-Inactividade se ao tempo desempeña outra actividade que determine a súa alta nun Réxime de Seguridade Social ou se atope a unha situación asimilada á da alta que resulte compatible para acceder ás prestacións de maternindade, paternidade, incapacidade permanente, morte e supervivencia derivadas de continxencias comúns, así como xubilación.

A exclusión tamén se produce de oficio:

  • Cando o traballador non realice un mínimo de 30 xornadas reais nos 365 días anteriores, sendo os efectos os do día primeiro do mes seguinte ao da notificación da resolución.
  • Por falta de aboamento de 2 mensualidades consecutivas de períodos de inactividade, sendo os efectos, con carácter xeral, do día 1º do mes seguinte á segunda mensualidade non ingresada.

Reincorporación. De producirse a exclusión do Sistema Especial Agrario-Inactividade, procede a reincorporación cando se cumpran os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • De realizar un mínimo de 30 xornadas reais dentro do período continuado de 365 días.
  • Estar ao corrente do pagamento das cotas correspondentes a períodos de inactividade.

Os efectos da reincorporación no Sistema Especial son:

  • Se a exclusión se produciu voluntariamente dende o día primeiro do mes seguinte ao da presentación da solicitude de reincorporación (Modelo TA0161).
  • Se o traballador procede dunha situación de alta noutro réxime ou situación asimilada á de alta e presenta a solicitude dentro dos tres meses seguintes á baixa na citada actividade ou situación asimilada á de alta, podería optar porque os efectos sexan dende a data de baixa na actividade ou extinción da situación asimilada á de alta ou ben dende o día primeiro do mes seguinte ao da presentación da solicitude.
  • Se a exclusión se producira de oficio por incumprimento da realización de xornadas reais, dende o día primeiro do mes seguinte ao do cumprimento deste requisito.
  • Se a exclusión se produciu de oficio por falta de ingreso da cotización correspondente aos períodos de inactividade, dende o día primeiro do mes seguinte ao da presentación da solicitude de reincorporación, agás que o traballador opte porque os efectos teñan lugar o día primeiro do mes de ingreso das cotas.


A solicitude de alta dos traballadores por conta allea presentarase con carácter previo ao inicio da relación laboral, conforme as regras establecidas no Réxime Xeral da Seguridade Social, sendo o empresario ou titular do fogar familiar o responsable de presentala.

Non obstante, os empregados de fogar que presten servizos durante menos de 60 horas mensuais por empregador poderán, de acordo con este, asumir as obrigas de encadramento, altas, baixas e variacións de datos no Sistema Especial nos mesmos prazos indicados no parágrafo anterior.

Pode presentar a solicitude de forma presencial ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ou vía telemática, se dispón de certificado dixital, remitindo este modelo de solicitude a través do trámite Alta, baixa e variación de datos de traballadores do Sistema Especial para Empregados de Fogar, situado na Sede Electrónica.



Copyright © Seguridad Social 2017. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal