Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Traballadores

Está vostede en: Inicio  >  Traballadores  >  Afiliación  >  Altas, baixas e variacións de datos de traballadores  >  Particularidades de cada Réxime  > Réxime Especial de Traballadores Autónomos



Réxime Especial de Traballadores Autónomos



O propio traballador autónomo é responsable directo de cumprir a obrigación de solicitar a súa alta, e no seu caso, a súa afiliación. Subsidiariamente, responderá o traballador autónomo con respecto aos seus familiares colaboradores.

Terán a mesma responsabilidade subsidiaria as Compañías Regulares Colectivas, Compañías Comanditarias e Cooperativas de Traballo Asociado respecto dos seus socios.

De oficio pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, como consecuencia da actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dos datos existentes nas entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social ou por calquera outro procedemento, compróbase o incumprimento da obrigación de solicitar a afiliación e/ou alta por parte dos traballadores aos que incumbe tal obrigación.



A cobertura da prestación económica por incapacidade temporal terá carácter obrigatorio, desde o 1 de xaneiro de 2008, segundo o establecido na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballador autónomo para:

  • Os traballadores de alta no réxime especial de traballadores autónomos
  • Traballadores que teñan a condición de economicamente dependentes
  • Traballadores que desempeñen actividades nas que a cobertura das continxencias profesionais resulte obrigatoria polo seu maior risco de sinistralidade.

E será opcional para:

  • Os traballadores autónomos con dereito á prestación por incapacidade temporal noutro réxime do sistema da Seguridade Social no que tamén estean de alta en canto se manteña a súa situación de pluriactividade.
  • Traballadores incluídos no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.

A opción deberá formalizarse cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social no momento de causar alta neste réxime especial e os seus efectos coincidirán cos da devandita alta.



A cobertura das continxencias de accidente de traballo e enfermidades profesionais neste réxime especial terá carácter voluntario, excepto para os traballadores autónomos dependentes e para aqueles que estean obrigados a formalizar esa protección por desempeñar unha actividade profesional cun elevado risco de sinistralidade.

Entenderase como accidente de traballo do traballador autónomo o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación deste réxime especial. Entenderase, para idénticos efectos, por enfermidade profesional a contraída a consecuencia do traballo executado por conta propia, que estea provocada pola acción dos elementos e substancias e nas actividades que se especifican na lista de enfermidades profesionais coas relacións das principais actividades capaces de producilas, anexa ao Real decreto 1995/1978, do 12 de maio, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social.

A cobertura das continxencias profesionais dos traballadores por conta propia ou autónomos levarase a cabo coa mesma entidade, xestora ou colaboradora, coa que se formalizou a cobertura da incapacidade temporal.

Para a cotización polas continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, aplicaranse as porcentaxes establecidas na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006 do 28 de decembro de 2006.

                              



Efectos das altas:

  • As altas iniciais ou sucesivas terán efecto dende o primeiro día do mes natural no que concorran tódalas condicións, sempre que se solicitasen no prazo regulamentario.
  • As altas solicitadas fóra do prazo regulamentario terán efecto dende o día primeiro do mes natural no que se reúnan os requisitos para a inclusión neste réxime especial.
  • En tales supostos e sen prexuízo das sancións administrativas que procedan polo seu ingreso fóra de prazo, as cotizacións correspondentes a períodos anteriores á formalización da alta serán esixibles e producirán efectos tocante ás prestacións unha vez sexan ingresadas, coas recargas que legalmente correspondan, agás que por aplicación da prescrición non fosen esixibles estas cotas nin por iso válidas para os efectos de prestacións, e sempre que a alta se formalizase a partir do 1 de xaneiro de 1994.

Efectos das baixas:

  • As baixas solicitadas en tempo e forma establecidos producirán efecto dende o día primeiro do mes seguinte a aquel no que o traballador cesase na actividade determinante da súa inclusión.
  • Cando o traballador non solicitase a baixa ou a solicitase en forma e prazo distintos aos establecidos para o efecto ou esta se practicase de oficio, a alta así mantida producirá efectos en canto á obriga de cotizar e non será considerado en situación de alta en canto ao dereito das prestacións.
  • Neste caso, non se extinguirá a obriga de cotizar senón ata o día no que a Tesourería Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento na actividade por conta propia ou na situación determinante da inclusión neste réxime especial.
  • Non obstante o disposto no apartado anterior, os interesados poderán probar, por calquera dos medios admitidos en dereito, que o cesamento na actividade se produciu noutra data, para os efectos da extinción da obriga de cotizar.
  • A simple solicitude da baixa e o recoñecemento desta non extinguirá a obriga de cotizar nin producirá os demais efectos daquela se continuasen as condicións necesarias para a súa inclusión neste réxime especial.


Menú de navegación:

  1. Traballadores
    1. Afiliación
    2. Cotización / Recadación de Traballadores
    3. Prestacións / Pensións de Traballadores
    4. Traballadores do mar
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións