MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Afiliación » Altas, baixas e variacións de datos de traballadores » Datos que deben conter as solicitudes

Datos que deben conter as solicitudes

Sen prexuízo das particularidades de cada réxime, con carácter xeral, a solicitude de alta conterá os datos relativos ao exercicio da súa actividade que lle faciliten unha información completa á Tesourería Xeral da Seguridade Social e en particular:

  • Nome ou razón social do empresario que promove a alta.
  • Código de conta de cotización do empresario.
  • Réxime de Seguridade Social.
  • Apelidos e nome do traballador.
  • Número de Seguridade Social do traballador.
  • DNI 
  • Domicilio do traballador
  • Data de inicio da actividade.
  • Grupo de cotización. 
  • Epígrafe de AT  e EP (unicamente para as altas con data anterior ao 31-12-2006)
  • Tipo de contrato e coeficiente de xornada no seu caso.
  • Ocupación (nos supostos indicados na Disposición adicional cuarta da Lei 42/2006 do 28 de decembro de 2006)

No caso de solicitude de baixa, deberá conter os datos relativos a:

  • Nome ou razón social do empresario que promove a baixa.
  • Código de conta de cotización do empresario.
  • Réxime de Seguridade Social. 
  • Apelidos e nome do traballador. 
  • Número de Seguridade Social do traballador. 
  • DNI 
  • Domicilio do traballador 
  • Data de cesamento da actividade 
  • Causa da baixa.

A solicitude de variación de datos, ademais dos datos identificadores do traballador e do empresario, conterá os datos obxecto de modificación, debendo ser comunicadas, fundamentalmente, aquelas variacións que afecten ás condicións laborais:

  • Tipo de contrato e coeficiente de xornada laboral.
  • Epígrafe de AT e EP (para períodos anteriores ao 31-12-2006)
  • Variación de grupo de cotización.
  • Data de variación.
  • Ocupación.

Se se trata dun traballador por conta propia, ademais dos datos indicados anteriormente, terá os referidos a:

  • Actividade profesional.
  • Sede desta actividade profesional.
  • Réxime de Seguridade Social.
  • Peculiaridades en materia de cotización e acción protectora.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS