MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

FAQ

Estás en: Inicio » FAQ » Subsidios e outras prestacións » Risco de embarazo

Risco de embarazo



Para ser beneficiaria desta prestación, a traballadora deberá cumprir, entre outros, o requisito de estar afiliada e de alta nun réxime da Seguridade Social.

Consecuentemente, a traballadora non poderá acceder á prestación desde unha situación asimilada á de alta nin desde a situación de non alta.



Non. A percepción do subsidio é compatible co mantemento daquelas actividades que estivese a desempeñar ou incluso que puidese comezar a desempeñar despois da suspensión do contrato e non impliquen risco durante o embarazo.

É dicir, pode realizar outros traballos por conta propia ou por conta allea se son compatibles co seu estado.



Non hai un período máximo de duración establecido, polo que se aboará durante o período necesario para a protección da seguridade ou da saúde da traballadora e/ou do feto, e finalizará o día anterior a aquel no que se inicie a suspensión do contrato de traballo por maternidade ou o de reincorporación da muller traballadora ao seu posto de traballo anterior ou a outro compatible co seu estado. 

No caso de traballadoras contratadas a tempo parcial, aboarase durante todos os días naturais nos que se manteña a suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, coa excepción aludida no parágrafo anterior.

Polo tanto, a duración da prestación estará unicamente limitada pola propia existencia do risco.



A certificacion médica de que as condicións do posto de traballo poden influír negativamente na saúde da traballadora e/ou do feto será expedida, con carácter xeral, polos servizos médicos do INSS ou da Mutual de AT e EP, en función da entidade coa que se teña concertada a cobertura de riscos profesionais, previa comunicación da traballadora á que se deberá acompañar:

  • Informe do médico do Servizo Público de Saúde que a asista no que se acredite a situación de embarazo e que as condicións do posto de traballo desempeñado poden influír negativamente na saúde da embarazada ou do feto.
  • Declaración da empresa ou da traballadora por conta propia na que se fagan constar os traballos ou actividades desempeñados, o risco específico...


O dereito nace ao día seguinte a aquel no que se emite o certificado médico polos servizos médicos da Entidade Xestora ou Mutua, se ben os efectos económicos prodúcense a partir da data de cesamento efectivo na actividade profesional.


Polo tanto, antes de ditarse a resolución, as traballadoras por conta propia deben comunicar a data de cesamento na actividade. As traballadoras do RETA  presentarán a declaración de situación da actividade.



No caso de traballadoras por conta allea, o dereito nace o mesmo día no que se inicia a suspensión do contrato de traballo, sempre con data posterior á emisión do certificado do Servizo Médico do INSS ou  Mutua.


No caso de que a suspensión do contrato se producise con anterioridade, é posible retrotraer os efectos da prestación ao momento no que se produciu a suspensión da relación laboral.



Igual ca no caso de traballadoras por conta allea, deberán achegar un informe do facultativo do Servizo Público de Saúde no que se acredite a situación de embarazo e que as condicións de traballo ou actividade profesional desempeñadas inflúen negativamente na saúde da traballadora ou do feto.

Ademais, a propia traballadora fará unha declaración sobre: 

  • A actividade desenvolvida.
  • A inexistencia dun traballo ou función nesa actividade compatible co seu estado que poida ser levada a cabo  por aquela na súa condición de traballadora por conta propia ou empregada do fogar.


Non. Finalizada a situación de risco, se a beneficiaria precisa asistencia sanitaria e se encontra impedida para o traballo, iniciarase a situación de incapacidade temporal que lle corresponda sempre que reúna os requisitos xerais para ter dereito a esta prestación.



Se a situación de risco lles afecta a todas as actividades desempeñadas, a traballadora si terá dereito á prestación en cada un dos réximes, sempre que reúna os requisitos esixidos de forma independente en cada un deles.

Se a situación de risco non afecta a todas as actividades realizadas, a traballadora terá dereito ao subsidio unicamente no réxime en que estea incluída a actividade de risco.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS