MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

FAQ

Estás en: Inicio » FAQ » Subsidios e outras prestacións » Prestacións familiares

Prestacións familiares



A prestación familiar por fillo a cargo está supeditada a non superar un límite determinado de ingresos, téndose en conta só os ingresos do proxenitor que convive na unidade familiar.

Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, compútase a pensión compensatoria para o cónxuxe fixada na correspondente resolución xudicial.



Considérase que o fillo ou o menor acollido está a cargo do beneficiario, aínda cando realice un traballo lucrativo, por conta allea ou propia, sempre que continúe convivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos percibidos por aquel en concepto de rendementos do traballo non superen o 100% do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, en cómputo anual.

Se os ingresos do fillo fosen superiores aos do parágrafo anterior, extinguirase a prestación económica por cesamento na dependencia económica do causante (fillo) respecto do beneficiario.



Para a determinación do límite de ingresos establecido teranse en conta os ingresos obtidos polos beneficiarios durante o ano anterior ao nacemento ou á adopción.



Para causar dereito á prestación por adopción múltiple, considérase producido en España o nacemento ou a adopción que teña lugar no estranxeiro cando se acredite que o fillo se integrou de maneira inmediata nun núcleo familiar con residencia en territorio español.



O período computable como efectivamente cotizado será o correspondente aos dous primeiros anos do período de excedencia que o traballador goce, de acordo co |art.  46.3 do Estatuto dos Traballadores, para o coidado de cada fillo ou menor acollido.
 
Cando a unidade familiar da que forma parte o menor, en razón de cuxo coidado se solicita a excedencia, teña a consideración de familia numerosa, segundo o establecido na Lei 40/2003 do 18 de novembro, o período computable será de 30 meses (se é de categoría xeral) ou 36 meses (se é de categoría especial).

No suposto de que non cheguen a gozarse completamente os períodos sinalados nos apartados anteriores, só se computará como cotizado o período efectivamente gozado.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS