
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
FAQ
Estás en: Inicio » FAQ » Pensionistas e pensións nacionais » Xubilación » Contías e pagamentos
Contías e pagamentos
- Que porcentaxe de pensión me corresponde segundo as cotizacións?
- Modifícase a porcentaxe da pensión ao facer os 65 anos?
- Os días de bonificación por idade feita o 1/1/67, téñense en conta para acreditar o período mínimo de cotización esixido?
- Que contía de pensión me corresponde se me xubilo parcialmente?
- No caso de xubilación flexible, que efectos teñen as cotizacións efectuadas polas actividades realizadas mediante o contrato a tempo parcial?
A contía da pensión de xubilación determínase ao aplicarlle á base reguladora as porcentaxes seguintes:
- Polos primeiros 15 anos cotizados: o 50%.
- Por cada ano adicional de cotización, comprendido entre o 16º e o 25º, ambos os dous incluídos: o 3%.
- Por cada ano adicional de cotización, a partir do 26º: o 2%, sen que a porcentaxe aplicable á base reguladora supere o 100%. Con todo, existe a posibilidade de superar ese 100% cando o interesado acredite 35 anos cotizados e 65 anos de idade cumpridos.
A porcentaxe fixada no momento do recoñecemento da pensión de xubilación non sofre variación polo feito de que o beneficiario alcance a idade de 65 anos.
Non obstante, se ao facer os 65 anos o importe da pensión fose inferior á pensión mínima establecida para esa idade, garantiríaselle esta sempre que reunise os requisitos esixidos.
Para os efectos de acreditar o período mínimo de cotización (carencia) esixido para acceder a unha prestación, só se computan, con carácter xeral, as cotizacións efectivamente realizadas e as asimiladas por pagas extras (son os denominados días-cota).
O tempo de bonificación que se lle concede segundo a idade que tivera o 1-1-1967 non serve para acreditar o período mínimo de cotización esixido, só se terá en conta para a determinación da porcentaxe da pensión.
A contía da pensión será o resultado de aplicarlle a porcentaxe de redución de xornada ao importe da pensión que lle correspondería, segundo os anos cotizados, na data do feito causante.
Para os efectos de determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de xubilación parcial, cando se acceda a esta antes de facer os 65 anos, non se aplicarán coeficientes redutores en función da idade.
As cotizacións efectuadas nas actividades realizadas, durante a suspensión parcial da percepción da pensión de xubilación, producirán efectos para a mellora da pensión, unha vez producido o cesamento no traballo.
Para estes efectos, unha vez comunicado o cesamento na realización das actividades á Entidade xestora competente, restablecerase a percepción íntegra da pensión de xubilación, previo cálculo de novo da súa contía conforme ás regras seguintes:
-
Serven para calcular de novo a base reguladora, mediante o cómputo das novas cotizacións e aplicando as normas que estean vixentes no momento do cesamento na actividade. Se o resultado é unha base reguladora inferior á anterior, mantense a fixada anteriormente, pero ao aplicarlle á pensión resultante as revalorizacións que houbera desde a data de determinación da base reguladora ata o cesamento no traballo.
-
Tamén serven para incrementar a porcentaxe aplicable á base reguladora, que pode superar o tope do 100% e, no seu caso, para diminuír ou suprimir o coeficiente redutor que se aplicase se a xubilación inicial fose anticipada. Para iso, deberá cotizar polo menos un ano teórico (ao seren cotizacións parciais, o seu cómputo basearíase no cálculo de días teóricos e o número obtido multiplicaríase por 1,5).
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





