MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Pensións » Modalidades / Clases

Modalidades / Clases



  • Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, cuxa concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos...), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos.
  • A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado a efectos da base reguladora da pensión de que se trate.
  • Dentro da acción protectora do Réxime Xeral e dos Réximes Especiais da Seguridade Social, coas salvidades que, en cada caso e para cada modalidade, se indican no respectivo réxime especial, inclúense as pensións seguintes:
    • Por xubilación: xubilación ordinaria, xubilación anticipada por ter a condición de mutualista, xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista, xubilación anticipada por redución da idade mínima debido á realización de actividades penosas, tóxicas e insalubres, xubilación anticipada de traballadores discapacitados, xubilación parcial, xubilación flexible e xubilación especial aos 64 anos.
    • Por incapacidade permanente: total, absoluta e grande invalidez.
    • Por falecemento: viuvez, orfandade e en favor de familiares.
  • Dentro da acción protectora do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI), inclúense as pensións de:

    • Vellez.
    • Invalidez.
    • Viuvez.


Son prestacións económicas que se recoñecen a aqueles cidadáns que, atopándose en situación de necesidade protexible, carezan de recursos suficientes para a súa subsistencia nos termos legalmente establecidos, aínda cando non cotizasen nunca ou o tempo suficiente para alcanzar as prestacións do nivel contributivo. Dentro desta modalidade, atópanse as seguintes pensións:

A xestión destas pensións non contributivas está atribuída aos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e ás Direccións provinciais do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) nas cidades de Ceuta e Melilla.


Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma
Bandeira de Andalucía Andalucía Bandeira de Castela - A Mancha Castela-A Mancha Bandeira autonómica de Galicia Galicia Bandeira de Murcia Murcia
Bandeira de Aragón Aragón Bandeira de Castela e León Castela e León Bandeira de Illas Baleares Illas Baleares Bandeira de Navarra Navarra
Bandeira de Asturias Asturias Bandeira de Cataluña Cataluña Bandeira de A Rioxa A Rioxa Bandeira do País Vasco País Vasco
Bandeira de Canarias Canarias Bandeira de Ceuta Ceuta Bandeira de Madrid Madrid Bandeira de C. Valenciana C. Valenciana
Bandeira de Cantabria Cantabria Bandeira de Extremadura Extremadura Bandeira de Melilla Melilla


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS