MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestación por lesións permanentes non invalidantes

Prestación por lesións permanentes non invalidantes



[D]

Procedemento da prestación por lesións permanentes non invalidantes




Obxecto:

Trata de compensar economicamente ao traballador polas lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causas por accidente de traballo ou enfermidade profesional que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñen unha diminución ou alteración da integridade física do traballador, sempre que estean recollidas no baremo establecido para o efecto.

Beneficiarios:

Os traballadores incluídos no sistema da Seguridade Social que teñan protexidas as continxencias profesionais e que cumpran os requisitos esixidos.

Requisitos:

O traballador deberá:

  • Estar en alta ou en situación asimilada á de alta.
  • Ter sido dado de alta médica por curación.
  • Que a lesión ou mutilación existente estea recollida no baremo.
Contía:
  • Indemnización económica por unha única vez, cuxa contía estea determinada no baremo  establecido para o efecto para cada tipo de lesión. O actual baremo entrou en vigor o 1 de maio de 2005.
  • Ás indemnizacións causadas con anterioridade a esta data aplícanse as contías do baremo anterior.
Pagamento:

As cantidades que correspondan por aplicación do baremo satisfanse pola entidade xestora ou mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social que estea obrigada a realizar o pagamento das prestacións por incapacidade permanente derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Incompatibilidades / Compatibilidades:

É incompatible con  prestacións económicas por incapacidade permanente, agás no caso de que estas lesións, mutilacións ou deformidades sexan totalmente independentes das que fosen tomadas en consideración para declarar a incapacidade permanente.

É compatible co traballo, incluso na mesma empresa.

Prazos:

A Dirección Provincial do INSS  ditará resolución nun prazo máximo de 135 días.

Impresos:

Solicitude da pensión de incapacidade permanente e lesións permanentes non invalidantes

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Na dirección provincial do INSS onde teña o seu domicilio o interesado.

Entidade competente:

Corresponde ás Direccións Provinciais do INSS  a través dos  Equipos de Avaliación de Incapacidades (EVI) e en todas as fases do procedemento declarar a existencia das lesións permanentes.

Outros datos de interese:

Particularidades dos réximes especiais.

Revisión: Son revisables por agravamento das secuelas que motivaron a indemnización polas lesións permanentes non invalidantes, sen impedir que o traballador poida solicitar o recoñecemento do dereito ás prestacións por incapacidade permanente derivada  da continxencia que corresponda.

Cando exista responsabilidade empresarial, a indemnización terá un aumento,segundo a gravidade da falta, dun 30 a un 50%.

En Cataluña as funcións dos EVI, son realizadas polo Instituto Catalán de Avaliación de Incapacidades e a Comisión de Avaliación de Incapacidades.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS