MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións familiares » Prestación económica por parto ou adopción múltiples

Prestación económica por parto ou adopción múltiples





Obxecto:

É unha prestación económica de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou adopción simultánea de dous ou máis fillos.

Causantes:

Os fillos nacidos ou adoptados por parto ou adopción múltiples, sempre que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa igual ou superior a dous (se algún estivese afectado por discapacidade igual ou superior ao 33%, computará o dobre) e o nacemento ou formalización da adopción se producise en  España.

Máis información sobre causantes

Beneficiarios:

Os proxenitores ou adoptantes que reúnan os requisitos esixidos.

Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; se hai falta de acordo, será a nai. Se non existe convivencia , será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia do fillo.

Cando os nenos queden orfos de ambos proxenitores ou adoptantes ou estean abandonados, será beneficiaria a persona que legalmente se faga cargo deles.

Requisitos:
  • Residir legalmente en territorio español.
  • Non teren dereito, nin o pai nin a nai, a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.

Máis información sobre beneficiarios

Contías / Pagamentos / Efectos:

Dependendo de que o número de fillos nacidos ou adoptados sexa 2, 3, 4 e máis, a contía  da prestación económica será o resultado de multiplicar por 4, 8 ou 12 o importe mensual do SMI .

O aboamento efectúase nun pago único.

Duración:

Dunha soa vez.

Prazos:

O prazo máximo para ditar resolución e notificala ao interesado é de 45 días

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte ao nacemento ou adopción múltiples.

Impreso:

Formulario de solicitude.

Documentación:

Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

En ningún caso, se poderá esixir ao solicitante que acredite feitos, datos ou circunstancias que a administración da Seguridade Social deba coñecer por si mesma.

Máis información sobre documentación

Ónde tramitalo:

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes

     


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS