
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións familiares » Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas
Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas
| Beneficiarios: | Os proxenitores ou adoptantes polo nacemento ou adopción dun fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais con discapacidade igual ou superior ao 65 por cento, que cumpran os requisitos establecidos. Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; a falta de acordo, o será a nai. Se non existe convivencia, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia dos fillos. Cando os nenos queden orfos de ambos proxenitores ou adoptantes ou estean abandonados, será beneficiaria a persoa que legalmente se faga cargo deles. |
|---|---|
| Requisitos: |
|
| Contías / Pagamentos / Efectos: | Abóase nun pagamento único de 1.000 euros cando non se superen os límites de ingresos establecidos; se se superan, pero son inferiores ao importe que resulte de sumar a este límite o importe da prestación, a contía a aboar será igual á diferencia entre os ingresos percibidos e o indicado importe conxunto. |
| Duración: | Abóase dunha soa vez. |
| Prazos: | O prazo máximo para ditar resolución e notificala ao interesado é de 45 días. |
| Denegación / Extinción: | O dereito ao recoñecemento prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte ao nacemento ou adopción do fillo. |
| Impresos: | |
| Documentación: | Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. Non se esixirá ao solicitante a acreditación de feitos, datos ou circunstancias que a Administración da Seguridade Social deba coñecer por si mesma. |
| Ónde tramitalo: | A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de atención e información da Seguridade Social. |
| Entidade competente: | O recoñecemento do dereito á prestación económica é competencia do INSS . |
| Outros datos de interese: | Preguntas máis frecuentes |
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





