
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións familiares » Asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo
Asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo
| Obxecto: |
É unha asignación económica que se recoñece por cada fillo ou menor acollido a cargo do beneficiario, menor de 18 anos ou maior afectado por unha discapacidade igual ou superior ao 65 %. |
|---|---|
| Causantes: |
Os fillos ou menores acollidos "a cargo", que convivan e dependan economicamente do beneficiario, sempre que sexan menores de 18 anos ou maiores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 65%. Considéranse a cargo, aínda cando realicen un traballo lucrativo, sempre que continúen convivindo co beneficiario e os ingresos polo seu traballo non superen o 100 % do SMI vixente en cada momento, en cómputo anual. |
| Beneficiarios: |
|
| Requisitos: |
|
|
Contías/ Pagos/efectos: |
A contía da asignación económica é distinta segundo a idade e o grao de discapacidade do fillo ou menor acollido a cargo. O aboamento realízase sen pagas extraordinarias:
A prestación está exenta do IRPF. A partir do 1 de xaneiro de 2008 e ao comezo de cada ano, a prestación revalorizarase de acordo co IPC. |
| Duración: |
A asignación económica inicialmente recoñecida percibirase mentres non se produzan variacións familiares que determinen o seu aumento, diminución ou extinción. |
| Prazos: |
O recoñecemento da asignación económica deberá resolverse e notificarse nun prazo máximo de 45 días. Todo beneficiario ten a obriga de presentarlle ao INSS , no prazo de 30 días, as variacións na situación familiar que supoñan nacemento, modificación ou extinción do dereito á asignación económica. |
| Denegación / Extinción: |
|
| Impresos: | |
| Documentación: |
Achegaranse os documentos para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. En ningún caso se lle poderá esixir ao solicitante que acredite os feitos, datos ou circunstancias que a administración da Seguridade Social deba coñecer por si mesma. |
| Ónde tramitalo: |
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social. |
| Entidade competente: |
O recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do INSS. En caso de estar un dos pais incluído nun réxime público de Seguridade Social, a asignación económica recoñecerase por este réxime. |
| Outros datos de interese: |
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





