MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións de morte e supervivencia » Pensión de orfandade

Pensión de orfandade





Obxecto:

Protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo   falecemento da persoa que orixina a prestación.

Beneficiarios:

Fillos do causante falecido e, en determinadas circunstancias, os achegados polo cónxuxe sobrevivente:

  • Menores de 18 anos ou maiores incapacitados en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
  • Maiores de 18 anos e menores de 22 anos ou 24 (se non sobrevivise ningún dos pais ou se o orfo presentase unha discapacidade do 33%), cando non efectúen traballos por conta propia ou allea ou, cando realizándoos, os ingresos obtidos sexan inferiores ao 100 por cento do salario mínimo interprofesional.
  • Os nacidos con posterioridade ao falecemento.
Causante:

Persoa falecida ou desaparecida cuxa morte orixina o dereito á prestación.

Máis información sobre o Causante

Requisitos:

Se o falecemento é anterior ao 1-1-2008, será necesario acreditar un período de cotización, que variará segundo a situación laboral do falecido e da causa que determina a morte:

  • En alta ou situación asimilada á alta, 500 días dentro dun período ininterrompido de 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento ou 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • En non alta: 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • Pensionistas: non se esixe período de cotización.

Se o falecemento é posterior ao 1-1-2008 e o falecido se atopaba en alta ou situación asimilada á alta, non se esixe período previo de cotización.

Tampouco se esixe período previo de cotización cando a morte se produce como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional.

Contía:

A prestación económica calcúlase aplicando a porcentaxe do 20% á correspondente base reguladora, que será diferente segundo a situación laboral do falecido na data do falecemento e da causa que determine a morte.

Cando non sobreviva ningún dos proxenitores, as prestacións correspondentes ao orfo absoluto incrementaranse, segundo a situación de que se trate, nos importes establecidos.

A suma das pensións de  morte e supervivencia estará limitada ao 100 por cen da base reguladora do causante, agás excepcións.

Efectos económicos:
  • Causantes en alta, asimilada á alta ou non alta: día seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.
  • Causantes pensionistas: día primeiro do mes seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.

Cando a solicitude se presente fóra dos 3 meses seguintes á data do falecemento, terase dereito á percepción cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude.

Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e novembro, agás nas pensións de accidente de traballo e enfermidade profesional, que se reparten entre as doce mensualidades ordinarias.

A pensión ten garantidas contías mínimas e revalorízase ao comezo de cada ano.

Cando o orfo sexa menor de 18 anos, a pensión de orfandade aboarase a quen o teña ao seu cargo e, directamente ao orfo, cando este alcance os 18 anos.

A pensión está exenta de tributación a efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Compatibilidades / Incompatibilidades

A pensión de orfandade será compatible con calquera renda de traballo de quen sexa ou fose cónxuxe do causante, ou do mesmo orfo, así como, no seu caso, coa pensión de viuvez que aquel perciba.

Non obstante o anterior, en determinadas situacións, a pensión poderase suspender ou ser incompatible, con outras prestacións da Seguridade Social.

Máis información sobre Compatibilidades e Incompatibilidades

Prazos:
  • Presentación de solicitude: Non existen prazos.
  • Resolución do expediente: 90 días desde a data de presentación da solicitude. Actualmente, o prazo medio é de 13 días.
Extinción:
  • Por facer da idade máxima, agás incapacitados.
  • Por cesar a incapacidade que outorga o dereito á pensión.
  • Por adopción.
  • Por contraer matrimonio, salvo excepcións.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.
Impresos:

Solicitude de prestacións de supervivencia.

Documentación:

Os documentos que se detallan no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Nos centros de atención e información da Seguridade Social e nas oficinas do Instituto Social da Mariña (os traballadores do mar).

Entidade competente:

O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social e  ao Instituto Social da Mariña, para os traballadores do mar. Cando a morte sexa debida a accidente de traballo, o recoñecemento poderá realizalo a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS