
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións de morte e supervivencia » Auxilio por defunción
Auxilio por defunción
| Obxecto: |
Axuda para facer fronte aos gastos do enterro. |
|---|---|
| Beneficiarios: |
Quen pagase os gastos do enterro. Agás proba en contra serán:
|
| Causante: |
Persoa falecida cuxa morte orixina o dereito á prestación. |
| Requisitos: |
Atoparse en situación de alta ou asimilada á alta na Seguridade Social ou percibindo subsidio de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, risco durante a lactación, maternidade ou paternidade ou ser pensionista de incapacidade permanente ou xubilación do nivel contributivo. |
| Contía: |
42,09 euros. |
| Prazos: |
|
| Impresos: |
Solicitude de auxilio por defunción. |
| Documentación: |
Os documentos que se detallan no modelo de solicitude. |
| Onde se tramita: |
Nos centros de atención e información da Seguridade Social e nas oficinas do Instituto Social da Mariña (os traballadores do mar). |
| Entidade competente: |
O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social ou ao Instituto Social da Mariña, para os traballadores do mar. Cando a morte se deba a accidente de traballo, á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. |
| Outros datos de interese: |
O dereito á percepción do auxilio por defunción prescribe aos 5 anos. |
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





