
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestación de risco durante a lactación natural
Prestación de risco durante a lactación natural
| Obxecto: |
Prestación económica que trata de cubrir a perda de rendas que se produce durante o período de suspensión do contrato por risco durante a lactancia natural, nos casos en que a traballadora, ao ter que cambiar de posto de traballo ou de actividade por outro compatible coa súa situación, este cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados. |
|---|---|
|
Beneficiarios/requisitos: |
As traballadoras por conta allea ou conta propia, incluídas en calquera réxime da Seguridade Social, en situación de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da súa actividade profesional, por risco durante a lactación natural, que cumpran os requisitos esixidos:
|
|
Contido/contía: |
Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente, que será a establecida para a prestación de IT derivada de continxencias profesionais. Ao efectuarse o pagamento, deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF. |
|
Duración/extinción: |
Aboarase durante o tempo necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo e finalizará: Traballadoras por conta allea:
Traballadoras por conta propia:
|
|
Perda/suspensión: |
|
| Impresos: | |
|
Documentación: |
Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. |
| Lugar de tramitación: |
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social da Entidade Xestora ou, no seu caso, á Mutua de AT e EP . |
|
Entidade competente: |
A xestión e o pagamento da prestación corresponde á Dirección provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM ), na que teña o seu domicilio a interesada, ou á Mutua de AT e EP , en función da Entidade que cubra os riscos profesionais. |
| Prazos: |
O director provincial da entidade xestora da provincia na que teña o domicilio a interesada ditará unha resolución expresa e notificaralla á interesada no prazo de 30 días. O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte á do feito causante, sen prexuízo de que os efectos se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data da solicitude. |
|
Outros datos de interese: |
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





