MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestación de Incapacidade Temporal

Prestación de Incapacidade Temporal



[D]

Procedemento de Incapacidade temporal




Obxecto:

É un subsidio diario que cobre a perda de rendas do traballador producida por enfermidade  común ou accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente de traballo e os períodos de observación por enfermidade profesional.

Beneficiarios:

Os traballadores, incluídos en calquera Réxime da Seguridade Social, sempre que cumpran determinados requisitos.

Os traballadores do Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) incluídos no sistema especial de traballadores agrarios que optasen por incluír esta prestación.

Requisitos:
  • Enfermidade común: Estar afiliados e en situación de alta ou asimilada á alta e ter cuberto un período de cotización de 180 días nos 5 anos anteriores.
  • Accidente (sexa ou non de traballo) e enfermidade profesional: non se esixen cotizacións previas. 

Máis información sobre requisitos

Entidade competente:

Segundo a opción que realizase o empresario para a súa cobertura, o recoñecemento e pagamento corresponderá:

Contido ou contía:

  • Enfermidade común e accidente non laboral: 60 % da base reguladora desde o 4º día da baixa ata o 20º inclusive e o 75 % desde o día 21 en adiante.
  • Enfermidade profesional ou accidente de traballo: 75 % da base reguladora desde o día seguinte ao da baixa no traballo.

 

Máis información sobre pagamento

Pagamento:

Traballadores por conta allea

  • En xeral, o pagamento efectúao a empresa como pagamento delegado coa mesma periodicidade ca os salarios.
  • Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, o pagamento entre o 4º e o 15º día da baixa corre a cargo do empresario, a partir do 16º a responsabilidade de pagamento será do INSS ou da mutua.

Traballadores por conta propia

Impresos:

Os partes médicos de baixa, confirmación da baixa e alta.

Documentación:
  • Documentos acreditativos da identidade do traballador.
  • Documentos relativos á cotización.

Máis información sobre documentación

Perda ou suspensión:

Actuación fraudulenta para obter ou conservar a prestación, traballar por conta propia ou allea, e rexeitar ou abandonar o tratamento prescrito.

Extinción:

Extínguese polo transcurso do prazo máximo establecido, alta médica con ou sen declaración de incapacidade permanente, pasar a ser pensionista de xubilación, non presentarse aos recoñecementos establecidos polos médicos do INSS  ou da Mutua e por falecemento.

Duración:

Enfermidade ou accidente: 365 días prorrogables por outros 180, se durante este transcurso se  prevé curación.

Períodos de observación da enfermidade profesional: 6 meses prorrogables por outros 6.

Máis información sobre duración

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes

 


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS