MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Descricións longas » Procedemento de Pensión de Xubilación

Procedemento de Pensión de Xubilación

A continuación preséntase o procedemento xeral.

¿Que é a pensión de xubilación da Seguridade Social?

É unha prestación económica que consiste nunha pensión vitalicia, única e imprescritible que se concede ao traballador cando a causa da idade cesa no traballo.

Que trámites se deben realizar?

  • Encher o modelo de solicitude da pensión de xubilación.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Os traballadores do mar deberán presentalo nas direccións provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM).

¿Cando se solicita a pensión de xubilación e cando se inicia o pagamento?

A solicitude de pensión de xubilación pode presentarse dentro dos tres meses anteriores ou posteriores á data de cesamento no traballo. Neste caso os efectos económicos da pensión prodúcense a partir do día seguinte á data de cesamento na actividade.
Se a solicitude se presenta transcorridos máis de tres meses do cesamento na actividade os efectos económicos da pensión prodúcense cunha retroactividade máxima de tres meses.

¿Cando se extingue o dereito á pensión?

A pensión de xubilación extínguese ao falecemento do pensionista.

 



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS