MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Descricións longas » Procedemento de Maternidade

Procedemento de Maternidade

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é a prestación por maternidade?

É un subsidio que se lles recoñece a todos os traballadores que gocen dos períodos de descanso laboral legalmente establecidos nos supostos de maternidade biolóxica, adopción e acollemento familiar. 

Iníciase dende o día do parto ou dende o inicio do descanso de ser este anterior ao parto ou da data da resolución xudicial de adopción ou da decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Que trámites se deben de realizar?

O médico do Servizo Público de Saúde entregará á nai o informe de maternidade.

Deberá encher o modelo oficial da “Solicitude de maternidade, adopción ou acollemento”, ou calquera outro, aínda que non sexa oficial, que recolla a mesma información.

A nai entregaralle o orixinal do informe de maternidade á empresa, que llo devolverá debidamente cuberto.

Xunto co informe de maternidade a nai necesitará a súa documentación persoal e a específica segundo sexa parto natural, adopción ou acollemento.

Onde se tramita?

A nai entregará a solicitude, o informe de maternidade cuberto e a documentación na entidade xestora do INSS  ou ISM , ou calquera rexistro oficial.

Quen recoñece e paga a prestación?

A entidade xestora competente INSS ou ISM.

Cando finaliza a prestación?

Transcorridas as semanas de descanso legalmente establecidas.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS