
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Descricións longas » Procedemento de Incapacidade temporal
Procedemento de Incapacidade temporal
A continuación preséntase o procedemento xeral
¿Que é a Incapacidade Temporal?
É un subsidio diario que cobre a perda de rendas mentres o traballador está imposibilitado temporalmente para traballar e recibe asistencia sanitaria da Seguridade Social.
Cando se inicia?
- Por enfermidade común ou accidente non laboral, dende o 4º día da baixa.
- Por accidente de traballo ou enfermidade profesional, dende o día seguinte ao da baixa.
Que trámites e onde se deben realizar?
Dende o inicio ata o cumprimento dos 365 días da percepción da prestación:
- O Servizo Público de Saúde ou, no seu caso, as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, e as empresas colaboradoras, estenderán os partes médicos de baixa, de confirmación de baixa e alta.
- O Instituto Nacional da Seguridade Social e, no seu caso, o Instituto Social da Mariña, a través dos seus inspectores médicos poden emitir a alta médica a todos os efectos.
Esgotados os 365 días da percepción da prestación, o Instituto Nacional da Seguridade Social ou Instituto Social da Mariña son os únicos competentes para recoñecer a prórroga, iniciar expediente de Incapacidade Permanente, emitir a alta, emitir unha nova baixa médica se se produce no prazo de 180 días posteriores á alta médica pola mesma ou similar patoloxía.
Cal é a duración máxima da prestación?
Se é por enfermidade ou accidente 365 días prorrogables por outros 180, se durante este último período se prevé a súa curación.
Cando finaliza a prestación?
- Por transcurso do prazo máximo establecido.
- Por alta médica.
- Por pasar a ser pensionista.
- Por non presentarse aos recoñecementos.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





