MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Descricións longas » Asistencia sanitaria

Asistencia sanitaria

A continuación preséntase o procedemento xeral.

¿Que é a asistencia sanitaria da Seguridade Social?

É a prestación de servizos médicos e farmacéuticos necesarios para conservar ou restablecer a saúde das persoas protexidas:

  • Traballadores afiliados e en alta, pensionistas e  perceptores de prestacións periódicas dalgún Réxime da Seguridade Social.
  • Familiares e asimilados dependentes dos anteriores.

¿Que trámites se deben realizar para ter dereito á asistencia sanitaria?

O titular do dereito,  ao tempo de solicitar a afiliación e alta ou a solicitude de pensión ou outra prestación periódica    da Seguridade Social,  pode formalizar o documento de recoñecemento de asistencia sanitaria para os seus beneficiarios  nas correspondentes oficinas da Seguridade Social.

¿Onde se tramita a tarxeta sanitaria?

Co documento de recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, pode solicitar a tarxeta sanitaria no centro de saúde que lle corresponda.

O centro de saúde  tramitará a emisión da tarxeta sanitaria individual para o titular e para cada un dos seus beneficiarios e  enviarana ao seu domicilio.

¿Quen recoñece o dereito á asistencia sanitaria?

O Instituto Nacional  da Seguridade Social ten a competencia para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria.

¿Cando se extingue o dereito á asistencia sanitaria?

  • Cando se perdan as condicións requiridas para ser titular ou beneficiario do dereito.
  • Por falecemento.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS