MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Convenios especiais » Supostos especiais » Convenio especial ordinario

Convenio especial ordinario



Procedemento de solicitude do Convenio especial ordinario




Obxecto:

Completar as cotizacións de xubilación, incapacidade permanente, morte, supervivencia, servizos sociais e asistencia sanitaria derivadas de continxencias comúns.

Beneficiarios:

Os traballadores ou asimilados que causen baixa no réxime no que figuraban encadrados ou que sen causala reúnan determinados requisitos.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:

Con carácter xeral:

  • Orixinal e copia do: documento nacional de identidade, tarxeta de estranxeiro ou pasaporte, segundo o caso.
  • Certificado de empresa/s nas que traballou nos últimos 12 meses anteriores á baixa, onde figuren as bases de cotización por continxencias comúns correspondentes a eses 12 meses.
  • Orixinal ou copia da sentenza firme de anulación da pensión ou denegación da pensión (cando proceda).
Ónde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante

Prazos:

Dous prazos:

  • 90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante.
  • En calquera momento.
Efectos:

Producirá efectos, a opción do interesado:

  • Dende a data de presentación da solicitude.
  • Dende a data da situación que determina o convenio especial. (cando a solicitude se realice nos 90 días seguintes a esta data de situación)
Suspensión / Extinción:

Suspensión:

  • Durante os períodos de actividade do traballador que determinen a súa inclusión nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social.

Máis información sobre suspensión

Extinción:

  • Por quedar o interesado comprendido no campo de aplicación dun réxime de Seguridade Social, e a base de cotización que corresponda sexa igual ou superior á base de cotización do convenio especial.
  • Por adquirir o interesado condición de pensionista por xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por falecemento do interesado
  • Por decisión do interesado.

Máis información sobre extinción

Outros datos de interese:


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS