MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Sistema RED

Estás en: Inicio » Sistema RED » RED Internet » Información » Información xeral » Que infraestrutura necesita? - Usuarios Linux

Que infraestrutura necesita? - Usuarios Linux

A continuación descríbense os elementos necesarios para garantir o correcto funcionamento do Sistema RED en INTERNET.


Certificados  SILCON 

A comunicación entre os usuarios e a TGSS vaise a realizar a través de Internet.

Para que sexa posible, é necesario garantir a seguridade das comunicacións a través dunha rede pública como é o caso de Internet. Isto conséguese mediante a utilización do certificado SILCON que a Tesourería Xeral da Seguridade Social proporciona como entidade certificadora.

Este Certificado  SILCON  pódese solicitar nas oficinas de certificados dixitais. Este certificado ten unha validez de tres años e é necesario renovalo unha vez transcorrido este prazo. A TGSS  permite a posibilidade de renovar automaticamente o Certificado. Para iso, o usuario deberá utilizalo nos servizos en liña polo menos unha vez durante os noventa días anteriores á súa caducidade.

O Certificado  SILCON  é un mecanismo de seguridade electrónica e confidencialidade que garante a integridade, identidade e non repudio nas comunicacións electrónicas.

Para a obtención deste Certificado, o usuario debe acreditar a súa identidade de forma presencial mediante o DNI  nas oficinas de certificados dixitais.

 

Hardware

  • Computador: O Sistema RED require a utilización dun ordenador persoal. Debe ter as seguintes características mínimas:

    • Procesador Pentium III
    • 256 Mb de memoria RAM .
    • Aproximadamente 60 Mb  dispoñibles de disco duro.
    • Pantalla VGA  ou superior.
    • Teclado estándar 101/102.

  • Conexión a Internet: No caso de que a conexión á Internet sexa a través de módem a velocidade mínima deberá ser de 28.800 b.p.s (bits por segundo).

 

Sóftware

  • Sistema Operativo Linux:

    Distribucións probadas
    • SUSE 9.2
    • FEDORA Core 5
    • Outras: non foi probado noutras distribucións. Isto non quere dicir que o funcionamento noutras distribucións non sexa correcto.

  • Navegador da Internet: programa que permite navegar pola rede. Fornece unha interface gráfica interactiva para buscar, localizar, ver e administrar a información a través do web. O navegador é indispensable á hora de se conectar, pois funcionan como ventás que amosan a información contida nas páxinas dun servidor web.

    Os navegadores compatibles actualmente son:
  • Máquina virtual Java:

    A máquina virtual de Java (en inglés Java Virtual Machine, JVM) é un programa nativo, é dicir, executable nunha plataforma específica, capaz de interpretar e executar instrucións expresadas nun código binario especial (o  Java bytecode), o cal é xerado polo compilador da linguaxe Java.

    Este sóftware é necesario para acceder aos servizos en liña do Sistema RED.

    As versións de sóftware soportadas son:
    • JRE SUN 1.5
  • Programa de Nómina e Xestión de Persoal: Programas que permiten xestionar o cálculo dos salarios, os custos do cadro de persoal, os seguros sociais, a retención de IRPF, a afiliación dos traballadores, etc .

Este sóftware debe estar previamente adaptado, é dicir, preparado para xerar ficheiros de TC2 e afiliación en formato de documento electrónico, cunha estrutura e contido predeterminados pola TGSS.

Vd. pode dispoñer dun programa de nóminas propio ou adquirido a un provedor de nóminas. A maioría dos provedores de nómina xa realizaron a adaptación. Se non dispón dunha versión adaptada, solicítella ao seu provedor de nóminas.

Se dispón dun programa de nóminas propio, ten á súa disposición o Manual de Instrucións Técnicas  que lle explica como levar a cabo a adaptación. Este manual pódese descargar da área de documentación .

 

Programas fornecidos pola TGSS

  • JREDCOM: Aplicación ofrecida de forma gratuíta pola TGSS para facilitar a utilización do Sistema RED para plataformas Pc con   contornos LINUX. As súas funcións básicas son as de permitir a tramitación de mensaxes coa TGSS tanto de afiliación e INSS  como de cotización, ademais de validar o formato e procesar os datos xerados polo programa de nóminas e envío/recepción das mensaxes.

    JREDCOM desenvolveuse para operar sobre plataforma PC. Por iso, se se garda a información laboral nun "host", "mini" ou ordenador central de similares características, o máis recomendable é levar a información a un PC no que estea instalada a JREDCOM.

  • Acrobat Reader 7.x ou superior: Trátase dunha ferramenta necesaria para visualizar, explorar e imprimir, no mesmo formato ca o orixinal, arquivos que se atopen no formato estándar (.PDF e FDF) utilizado a nivel mundial na distribución de documentos electrónicos.  Para o uso do mesmo cos navegadores Mozilla e FireFox é necesario seguir as instrucións de Adobe sobre a instalación dos "plug-in" correspondentes.

    Este é un sóftware fornecido por ADOBE de forma gratuíta, aínda que a TGSS incluirao entre o sóftware a distribuír. Este Sóftware será esencial para poder visualizar a axuda que proporcione a TGSS na nova modalidade de Internet, así como para realizar a impresión dalgúns documentos.

  • Firefox: Sóftware de Mozilla Foundation que prové de servizos interactivos aos usuarios en canto a que actúa como vía de intercambio de mensaxes entre estes e a TGSS, e que permite a conexión directa á súa páxina para facer movementos de afiliación e diversos servizos de cotización.

  • Mozilla: Sóftware licenciado por Mozilla e Netscape que prové de servizos interactivos aos usuarios en canto a que actúa como vía de intercambio de mensaxes entre estes e a TGSS, e que permite a conexión directa á súa páxina para facer movementos de afiliación e diversos servizos de cotización.

                              



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS