
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Sistema RED
Estás en: Inicio » Sistema RED » RED Internet » Información » Información xeral » Que é o Sistema RED?
Que é o Sistema RED?
É un servizo que lles ofrece a TGSS a empresas, agrupacións de empresas e profesionais, cuxa misión é permitir o intercambio de información e documentos entre as dúas entidades (TGSS e usuarios) a través de INTERNET.
Por medio do Sistema RED pódese entrar en contacto directo coa TGSS que, grazas aos medios tecnolóxicos e elementos de seguridade necesarios, permítelle o acceso a datos de empresa e traballadores, así como a remisión de documentos de cotización e afiliación e partes médicos.
Os ámbitos de actuación que abrangue este servizo son os seguintes:
- Cotización: presentación de documentos das series TC2 (Relación nominal de traballadores), tramitación de saldos acredores, e ingreso das cotas mediante domiciliación en conta ou pagamento electrónico.
- Afiliación: altas, baixas, variacións de datos de traballadores, así como consultas e petición de informes relativos a traballadores e empresas.
- Tramitación dos partes de alta e baixa médica de AT e EP , así como os partes de confirmación, ao Instituto Nacional da Seguridade tanto derivados de continxencias comúns como de continxencias profesionais.
O usuario poderá realizar estas xestións e recibir mensaxes da TGSS dende o seu propio despacho, sen necesidade de desprazarse e sen as limitacións de horario de oficinas.
Polo tanto, o Sistema RED permitirá axilizar a relación coa Seguridade Social de empresas e despachos, eliminando o circuíto do papel, mellorando a calidade dos datos e evitando esperas nas oficinas da Administración.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





