
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Sistema RED
Estás en: Inicio » Sistema RED » RED Internet » Información » Información xeral » Fontes de información
Fontes de información
Existe á súa disposición as Unidades de Atención ao Usuario Provinciais, coas que se poden poñer en contacto a través do Servizo de Atención Telefónica da TGSS no 901 50 20 50. Este servizo proporcionaralle un asesoramento personalizado para a súa situación, atenderán as súas consultas e incidencias e xestionarán o acceso a xornadas e cursos de información e formación para o usuario acerca do funcionamento do Sistema RED .
Ante calquera problema ou dúbida que lle xurda, non dubide en poñerse en contacto con este Servizo, cuxo horario de atención ao público é de luns a venres de 8 a 21:30 horas.
Colaboradores
O soporte técnico das empresas colaboradoras ofrece aos seus clientes "servizos de axuda" na instalación e funcionamento do sóftware do Sistema RED.
Cursos
A TGSS organiza cursos de información e formación de distintos tipos. Atendendo ao tipo de destinatarios e ao seu contido, divídense en:
-
Curso para novos usuarios do Sistema RED. Dirixido a aqueles usuarios que operarán habitualmente no Sistema RED, unha vez que teñan instalados todos os programas necesarios. Consiste no manexo práctico da WinSuite32 no PC.
Este curso impártese nunha única xornada de mañá ou tarde, e ten unha duración aproximada de 5 horas. -
Curso de reciclaxe do Sistema RED. Enfocado a aqueles usuarios que levan tempo traballando co Sistema RED, pero que queren mellorar os seus coñecementos sobre o Sistema, xa que teñen dúbidas na súa utilización. Así mesmo, este curso é adecuado para aquelas autorizacións que foron incorporando novos usuarios secundarios, que non puideron asistir aos cursos iniciais sobre o Sistema RED.
Este curso impártese nunha única xornada de mañá ou tarde, e ten unha duración aproximada de 5 horas. -
Curso sobre o Sistema Especial Agrario. Este curso está enfocado a autorizacións que traballen con CCC de empresas do SEA, e no mesmo se detallan aspectos específicos do SEA no Sistema RED, facendo especial fincapé na transmisión de datos con calidade, e na importancia do uso das modalidades de pagamento incorporadas o pasado mes de xuño.
Realízanse 2 tipos de cursos sobre o SEA, dependendo do tipo de usuarios ao que vaian dirixidos:-
Usuarios que xa asistiron a algún curso sobre o Sistema RED. Neste caso a duración aproximada do curso é de 3 horas.
-
Usuarios que nunca asistiron a un curso do Sistema RED. Neste caso a duración aproximada do curso é de 5 horas.
-
No caso de que Vd. estea interesado en calquera dos cursos, por favor, póñase en contacto co Servizo de Atención Telefónica.
Outra documentación existente
-
Noticias RED :
Son boletíns de noticias que se poden consultar na área de noticias O seu obxectivo é informar aos usuarios de novas funcionalidades, resolver dúbidas, proporcionarlle información xeral sobre temas que lle afecten, posibles incidencias de carácter xeral, etc . -
Manuais:
Manuais con información xeral sobre o Sistema RED (procesos de instalación do sóftware, pasos que se deben seguir para a incorporación ao Sistema RED, etc.) -
Páxina Web da Seguridade Social:
Onde poderá acceder a todo tipo de información respecto ao Sistema RED, certificado SILCON, así como obter manuais, impresos, etc.
Existe outro tipo de información, que debe ter en conta:
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





