MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Coñécenos

Estás en: Inicio » Coñécenos » Quen somos? » Xerencia de Informática da Seguridade Social

Xerencia de Informática da Seguridade Social

Que é a Xerencia de Informática da Seguridade Social?

É un Servizo Común da Seguridade Social, sen personalidade xurídica e nivel orgánico de subdirección xeral, queda adscrita á secretaria de Estado da Seguridade Social e dependerá funcionalmente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, de cada Entidade Xestora da Seguridade Social, da Intervención Xeral da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, respecto dos programas e proxectos que afecten á súa competencia respectiva.

Que competencias ten?

  • A elaboración e proposición ás Entidades Xestoras, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Intervención Xeral da Seguridade Social dos plans directivos de sistemas de tecnoloxías da información e das telecomunicacións, para a súa posterior presentación ante o Consello xeral de tecnoloxías da información e as comunicacións da Seguridade Social.
  • A proposta de creación, desenvolvemento e modificación dos sistemas de información.
  • A avaliación, auditoría e inventario dos sistemas de información vixentes e a proposta de modificacións a estes, a fin de garantir a súa perfecta coordinación no esquema xeral de actuación.
  • A aprobación das normas de carácter técnico e metodolóxico que garantan a homoxeneidade, compatibilidade, interrelación e transmisibilidade de todos os sistemas de información, presentes e futuros, sen prexuízo das competencias da Subsecretaría ao respecto.
  • A creacción, custodia e administración das bases de datos corporativas do sistema, así como os sistemas de seguridade e de confidencialidade.
  • O mantemento e actualización dos medios telemáticos utilizados para a transmisión de información, así como os correspondentes sistemas informáticos.
  • O mantemento do inventario de recursos da totalidade dos sistemas de información.
  • O informe dos expedientes de adquisición de bens e servizos informáticos, os expedientes de modificación das relacións de postos de traballo de carácter informático e os plans de formación en tecnoloxías da información e as comunicacións.
  • Aquelas outras que lle estean encomendadas ou se lle encomenden no futuro.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS