
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Revalorización de pensións 2012 e outras medidas de Seguridade Social
Estás en: Inicio » Revalorización de pensións 2012 e outras medidas de Seguridade Social
Revalorización de pensións 2012 e outras medidas de Seguridade Social
Atópase publicado, no BOE do 31-12-2011, o Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, no que se establece:
- Un incremento xeral do 1% para as pensións aboadas polo sistema da Seguridade Social en 2012.
- O aboamento dunha paga única, antes do 01-04-2012, para compensar a perda de poder adquisitivo en 2011 pola desviación do IPC, aos perceptores de complementos por mínimos, pensións non contributivas da Seguridade Social, pensións do SOVI non concorrentes, de prestacións por fillo a cargo con 18 ou máis anos de idade e unha discapacidade igual ou superior ao 65% e do subsidio de mobilidade e compensación para gastos de transporte.
- Aprázase a aplicación do establecido na disposición adicional 30ª da Lei 27/2011, do 1 de agosto, de actualización, adecuación e modernización do Sistema de Seguridade Social (porcentaxe do 60% de viuvez).
- Dáse nova redacción á disposición final 2ª da Lei 9/2009, de ampliación da duración do permiso por paternidade: ”a lei entrará en vigor a partir do 01-01-2013”.
| Documento | Descarga do ficheiro | Formato | Tamaño | Data |
|---|---|---|---|---|
| RDL 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público. |
|
2338 kb | 02/01/2012 |
Información sobre documentos PDF:
Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





