Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Accesibilidade na Web da Seguridade Social

Está vostede en: Inicio  > Accesibilidade na Web da Seguridade Social



Accesibilidade na Web da Seguridade Social



A programación da web foi realizada de forma que aqueles usuarios que definisen no seu navegador as súas propias follas de estilo poidan aplicalas de forma transparente aos contidos da web, adaptando o tamaño e cor da fonte, a cor do fondo da páxina, o aspecto de enlaces, encabezados, listas etc.

En caso de que non teña definidas as súas propias follas de estilo e desexe cambiar o tamaño do texto á versión de "texto grande" ou á versión de "alto contraste" poderá facelo seleccionando os estilos visuais.

Imaxe ilustrativa da posible variación de estilos visuais dispoñibles: texto normal, alto contraste e texto grande

Selección de estilos visuais



O sitio web da Seguridade Social adquiriu o compromiso de garantir a accesibilidade dos seus contidos a todos os cidadáns en cumprimento do disposto pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, para os sitios web das Administracións Públicas.

O sitio web foi creado conforme ás pautas  de accesibilidade aos contidos proporcionadas pola WAI (Web Accesibility Initiative) organismo creado pola W3C (World Wide Web Consortium), para informar, investigar e fomentar o traballo na accesibilidade web.

A WAI estableceu tres niveis de accesibilidade, "A", dobre "A" e triplo "A" acadando cada nivel co cumprimento dunhas determinadas pautas ou principios.

A Seguridade Social fixouse como obxectivo inicial cumprir o nivel "A" de accesibilidade, logrado na actualidade na maioría dos seus contidos. Ás seccións nas que se está a traballar na actualidade incorporóuselles un aviso informando do seu estado.

O seguinte obxectivo da Seguridade Social é o total cumprimento do nivel  dobre "A".

Con obxecto de asegurar estes niveis de cumprimento de criterios de accesibilidade, realizouse a comprobación co programa TAW (Test de Accesibilidade Web) das páxinas da web.

Para o cumprimento da accesibilidade intelectual seguiuse o protocolo NI4, cuxos desenvolvedores avalan o cumprimento do mesmo no sitio Web da Seguridade Social.

Logros:

  • Menús de navegación: eliminouse a mobilidade dos menús logrando así unha maior accesibilidade. Buscáronse alternativas para aqueles navegadores que non permiten JavaScript.
  • Accesibilidade nos contidos textuais: Todos os patróns onde se recollen os contidos da web accesible foron creados de novo baixo os criterios de accesibilidade da WAI.
  • Imaxes: incorporáronse textos alternativos ás imaxes, para que os lectores de pantalla permitan a quen os utiliza interpretar estas imaxes. Esta funcionalidade é igualmente útil para aqueles que teñan deshabilitado do seu navegador a visualización de imaxes.
  • Atallos de teclado: Habilitáronse unhas combinacións especiais de teclas a modo de atallos de teclado, para que quen utilice o teclado como medio de navegación, o faga máis rapidamente.
  • Identificación de idioma: Incorporáronse a todas as páxinas e ás aplicacións e documentos inseridos nestas a identificación do idioma no que están os seus contidos.
  • Eliminación de código Javascript: Eliminouse este tipo de código non recomendable, debido a que moitos usuarios e navegadores non o teñen habilitado o cal impide o acceso aos contidos.
  • Táboas: Incorporouse a todas as táboas existentes no sitio web o código necesario para a súa adecuada interpretación polos navegadores de voz e a súa correcta lectura en liña.
  • Cumprimento do protocolo NI4: Logrouse unha maior accesibilidade intelectual cumprindo as pautas do protocolo NI4

Icona do  Nivel A de conformidade coas Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI.Enlace a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Enlace en nova ventá Icona de validación do Ni4.Explicación do Nivel A de Conformidade.Enlace a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Enlace en nova ventá



A Seguridade Social segue a traballar para que nun futuro próximo a web accesible da Seguridade Social teña tódolos contidos adaptados aos niveis dobre e triplo "A" de accesibilidade da WAI e poida chegar ao maior número de cidadáns.

Actualmente se está a traballar na accesibilidade dos seguintes elementos:

  • Cumprimento de pautas de 2º nivel ("AA")

Lograrase a accesibilidade das seguintes seccións da nosa web:

  • Servizos con certificado dixital.


A continuación descríbense os atallos de teclado definidos para a web da Seguridade Social, con obxecto de facilitar a navegación.


Atallo Acceso
C

Ir ao contido

1

Páxina de inicio

2

Noticias

3

Mapa web

4

Buscador

5

Zona de descargas

6

Axuda

7

Preguntas frecuentes

8

Guía de navegación

9

Caixa de correo de consultas

0

Información sobre accesibilidade

T

Traballadores

E

Empresarios

P

Pensionistas

R

Sistema RED

O

Oficina virtual

A

Atrás nos resultados do buscador

S

Seguinte nos resultados do buscador

B

Aceptar o formulario de busca no buscador

D

Enderezos e teléfonos


O uso de atallos de teclado depende do navegador. Os máis frecuentes utilizan as seguintes combinacións de teclas:

Internet Explorer: ALT + atallo + ENTER

Netscape: ALT + atallo

Opera: MAIÚSCULAS + ESC + atallo



Menú de navegación:

  1. Traballadores
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións