Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

A obriga de cotizar

Que é a cotización?

É a acción pola cal os suxeitos obrigados achegan recursos económicos ao Sistema da Seguridade Social en virtude da súa inclusión neste Sistema, polo exercicio dunha actividade laboral.

Os seus elementos básicos son a base de cotización, o tipo de cotización e a cota.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Quen está obrigado a cotizar Descargar documento Quen está obrigado a cotizar. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Quen está obrigado a cotizar. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,17 KB) 24/05/2012

Desde cando se debe cotizar?: nacemento, duración e extinción da obriga


A obriga de cotizar nace desde o inicio da actividade laboral. A simple solicitude da alta do traballador producirá en todo caso idéntico efecto. A non presentación da solicitude de afiliación/alta non impedirá o nacemento da obriga de cotizar desde o momento en que concorran os requisitos que determinen a súa inclusión no réxime que corresponda.

Mantense durante todo o período en que o traballador desenvolva a súa actividade. A obriga de cotizar continuará nas situacións de:

  • Incapacidade temporal.
  • Risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
  • Descanso por maternidade e paternidade.
  • Cumprimento de deberes de carácter público.
  • Desempeño de cargos de representación sindical (sempre que non dean lugar a excedencia no traballo ou ao cesamento na actividade).
  • Permisos e licenzas que non dean lugar a excedencias no traballo.
  • Convenios especiais.
  • Desemprego contributivo.
  • Desemprego asistencial, no seu caso.
  • Nos supostos establecidos nas normas reguladoras de cada réxime.


Extínguese co cesamento no traballo, sempre que se comunique a baixa no tempo e forma establecidos.

Nos casos en que non se solicite a baixa ou se formule fóra de prazo, non se extinguirá a obriga de cotizar senón ata o día en que a Tesourería Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo por conta allea, na actividade por conta propia ou na situación determinante da inclusión no réxime da Seguridade Social de que se trate.

O dereito da Administración da Seguridade Social para determinar as débedas para con ela por mor das cotas, así como a acción para esixir o seu pagamento, prescribirán aos catro anos. A prescrición quedará interrompida polas causas ordinarias e, en todo caso, por calquera actuación administrativa realizada con coñecemento formal do responsable do pagamento conducente á liquidación ou recadación da débeda e, especialmente, pola súa reclamación administrativa mediante reclamación de débeda ou acta de liquidación (nova redacción do artigo 21 da Lei xeral de Seguridade Social, segundo o disposto no artigo 24 da Lei 14/2000 do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social).

Complementary Content
${loading}