Tempos medios de tramitación da prestación inicial de xubilación, por Direccións Provinciais
A pensión de xubilación é unha prestación económica que consiste nunha pensión vitalicia, única e imprescritible, que se concede ao traballador cando, a causa da idade, cesa no traballo.
A xestión e o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación corresponden ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás os traballadores incluídos no campo de aplicación do réxime especial do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM).
Agora ben, dende que se presenta unha solicitude de xubilación ata que o beneficiario poida dispoñer, na súa conta bancaria, do importe da pensión concedida poden distinguirse varias fases expresadas en días naturais:
- FASE PRIMEIRA. Recoñecemento da prestación polas Direccións Provinciais do INSS.
- FASE SEGUNDA. Fiscalización da nómina e comunicación á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS).
- FASE TERCEIRA. Trámites na TGSS para a ordenación do pagamento.
- FASE CUARTA. Tramitación bancaria.
A suma dos días naturais das catro fases dará como resultado o TEMPO TOTAL MEDIO DE TRAMITACIÓN DA PENSIÓN DE XUBILACIÓN ATA O COBRAMENTO.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
198733 Tempos medios xubilación - Acumulado 2016 |
|
01/06/2017 |
181937 Tiempos medios jubilación - septiembre 2018 |
|
22/10/2018 |