Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Pensionistas e pensións nacionais

Tema: Compatibilidades/Incompatibilidades

  • Compatibilidades/Incompatibilidades

    • Son compatibles as pensións de orfandade causadas polo pai e a nai?
      Categoría: Viuvez, orfandade e favor familiar > Tema: Compatibilidades/Incompatibilidades

      Si, pero o incremento coa porcentaxe correspondente á viuvez só poderá aplicárselles ás pensións orixinadas por un dos causantes. O máximo de pensión, por cada un deles (pai/nai) é o 100% da base reguladora.

      Accións dispoñibles
    • É compatible a percepción dunha pensión de orfandade co traballo?
      Categoría: Viuvez, orfandade e favor familiar > Tema: Compatibilidades/Incompatibilidades

      É compatible co traballo do orfo menor de 21 anos ou maior de idade que teña reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
       
      Se se trata de orfos maiores de 21 anos e menores de 25 anos non incapacitados, a pensión de orfandade será compatible cun traballo lucrativo por conta propia ou allea sempre e cando os ingresos que obteña non superen, en cómputo anual, o 100 % do SMI tamén en cómputo anual, incluídas as dúas pagas extraordinarias.
       
      Se o orfo presenta unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %, poderá ser beneficiario ata os 25 anos, sempre que non efectúe un traballo ou cando, realizándoo, os ingresos resulten inferiores en cómputo anual á contía vixente do SMI.

      Se durante o ano natural se alternan períodos de traballo e de inactividade, o dereito manterase en tanto non se supere o límite establecido. 


      Accións dispoñibles
    • Estou cobrando unha pensión en favor de familiares e ao facer os 65 anos vou solicitar unha pensión de vellez do SOVI, poderei cobrar as dúas pensións?
      Categoría: Viuvez, orfandade e favor familiar > Tema: Compatibilidades/Incompatibilidades A pensión en favor de familiares é incompatible coa percepción doutra pensión pública, polo que deberá optar por unha delas.

       

      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}