Oficinas da Seguridade Social
Oficinas da Seguridade Social
A atención ao cidadán nas oficinas da Seguridade Social require dispoñer dunha cita.
Se a túa consulta ou trámite se refire a pensións, prestacións ou outras xestións relacionadas co INSS ou o ISM (traballadores do mar), solicita unha cita previa.
O horario habitual de atención presencial nas oficinas do INSS é de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas. Podes obter unha cita previa para atención presencial ou telefónica, ou ben presentar os teus documentos a través da plataforma de solicitudes sen certificado.
O horario habitual de atención presencial nas oficinas do ISM é de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Se necesitas realizar un trámite en TGSS sobre afiliación, cotización e pagamento de débedas envía a túa solicitude e atenderémoste.
Este buscador permite localizar as oficinas máis próximas a partir da introdución dun enderezo concreto. Os resultados ofreceranse ordenados por distancia e por tipo de oficina. Con este buscador non se garante o cumprimento das pautas de accesibilidade desta web, como alternativa pode utilizar o buscador do Directorio de Oficinas.