Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para traballadores autónomos que non poden causar dereito á prestación ordinaria prevista na disposición adicional cuarta do Real Decreto Lei 30/2020 ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes da Lei Xeral de Seguridade Social, por non reunir os requisitos de carencia esixidos na norma (Art. 13.2 Real Decreto-Lei 30/2020, do 29 de setembro).
Características
- Traballadores autónomos que non poden causar dereito á prestación ordinaria prevista na disposición adicional cuarta do Real Decreto Lei 30/2020 ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes da Lei Xeral de Seguridade Social, por non reunir os requisitos de carencia esixidos na norma (Art. 13.2 Real Decreto-Lei 30/2020, do 29 de setembro).
- A partir do 1 de outubro de 2020.
- Os traballadores autónomos que perciban esta prestación e non estivesen a cotizar por cesamento de actividade virán obrigados a cotizar por este concepto a partir do mes seguinte en que finalice a percepción da prestación.
- Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.
Requisitos
- 1º Estar dado de alta e ao corrente no pagamento das cotizacións no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia dende antes do 1 de abril de 2020. Se na data de presentación da solicitude non se cumprise o requisito de estar ao corrente no pagamento das cotizacións, o órgano xestor invitará o pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de 30 días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.
- 2.º Non ter dereito á prestación de cesamento de actividade que se regulamenta na disposición adicional cuarta desta norma ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, por non reunir os requisitos de carencia esixidos na norma.
- 3.º Non ter ingresos procedentes da actividade por conta propia no último trimestre do exercicio 2020 superiores ao salario mínimo interprofesional.
- 4.º Sufrir, no cuarto trimestre do 2020, unha redución nos ingresos da actividade por conta propia de polo menos o 50% en relación aos ingresos habidos no primeiro trimestre do 2020.
Para o cálculo da redución de ingresos terase en conta o período en alta no primeiro trimestre do ano 2020 e compararase coa parte proporcional dos ingresos habidos no cuarto trimestre polo mesmo tempo.
Prazo de solicitude, nacemento do dereito e duración
Esta prestación extraordinaria por cesamento de actividade poderá comezar a devindicarse con efectos da 1 de outubro de 2020 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro dos primeiros quince días naturais de outubro. No caso contrario, os efectos quedan fixados no primeiro día do mes seguinte ao da presentación da solicitude e a súa duración non poderá exceder do 31 de xaneiro de 2021.
O recoñecemento á prestación levarase a cabo polas mutuas colaboradoras ou o Instituto Social da Mariña con carácter provisional. A partir do 1 de marzo de 2021 procederase a revisar todas as resolucións provisionais adoptadas.
Contía
- Con carácter xeral: 50% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN
- Persoas conviventes no mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade con dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN
Cotización
- Durante o tempo que permaneza a actividade suspendida manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar.
- O período durante o cal o traballador autónomo estea exento da obriga de cotizar entenderase como cotizado e as cotizacións que correspondan a este serán asumidas polas entidades con cargo a cuxos orzamentos se cubra a correspondente prestación.
- A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será en todo caso a establecida no momento de inicio da devandita prestación.
- A duración máxima e resto de condicións de aplicación das deducións na cotización ás que poida ter dereito o traballador beneficiario desta prestación extraordinaria por cesamento na actividade non se modificará polo percibo desta última.
Incompatibilidades
O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea, salvo que os ingresos do traballo por conta allea sexan inferiores a 1,25 veces o importe do salario mínimo interprofesional; co desempeño doutra actividade por conta propia; coa percepción de rendementos procedentes dunha sociedade; coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.
Extinción
Extinguirase o dereito á esta prestación se durante a percepción desta concorren os requisitos para causar dereito á prestación de cesamento de actividade recollida na disposición adicional cuarta desta norma ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, sen prexuízo do dereito que asiste ao interesado a solicitar a prestación correspondente.