Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido
Icona aviso informativa

Nacemento e coidado de menor

Con data 07/03/2019 publicouse o Real Decreto-Lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación. Este Real Decreto-lei recolle modificacións no Estatuto dos Traballadores (ET) e no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), así como na Lei Xeral da Seguridade Social, para a equiparación dos dereitos das persoas traballadoras.

Desde o 01/04/2019, as prestacións por maternidade  e paternidade unifícanse  nunha única prestación denominada NACEMENTO E COIDADO DE MENOR.

Esta prestación está incluída dentro da acción protectora de todos os réximes do Sistema.

Situacións protexidas

Considéranse situacións protexidas, durante os períodos de descanso e permisos dos que se gocen por tales situacións:

  • O nacemento de fillo ou filla.
  • A adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento familiar sempre que, neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano, e se trate de:
    • Menores de 6 anos.     
    • De acordo co Estatuto básico do empregado público (EBEP), os supostos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, serán os que así se establezan no Código Civil ou nas leis civís das comunidades autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento temporal unha duración non inferior a un ano.


Persoas beneficiarias

  • Serán beneficiarias as persoas traballadoras por conta allea ou propia, calquera que sexa o seu sexo, sempre que, se encontren en situación de alta ou asimilada á alta, gocen dos períodos de descanso/permiso por nacemento e coidado de menor e  acrediten os períodos mínimos de cotización esixibles en cada caso.
  • Non obstante, tamén serán beneficiarias do subsidio por nacemento as traballadoras por conta allea ou propia que, en caso de parto, reúnan todos os requisitos establecidos para acceder á prestación por nacemento e coidado de menor, agás o período mínimo de cotización.

Requisitos

  1. Estar afiliados ou afiliadas e en alta ou en situación asimilada á alta.
  2. Ter cuberto un período mínimo de cotización que varía en función da idade:
  • Se as persoas traballadoras teñen menos de 21 anos de idade na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción:

    • Non se esixirá período mínimo de cotización.
  • Se as persoas traballadoras teñen cumpridos 21 anos de idade e son menores de 26 na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción:

    • 90 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente,
    • 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade a esa data.
  • Se as persoas traballadoras teñen cumpridos os 26 anos de idade na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción:

    • 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente,
    • 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade a esa data.
  1. Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos as persoas traballadoras, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.

A estes efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art.  28.2 do Decreto 2530/1970, de 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento acceder á prestación ou no que se cause esta.


Duración

Nacemento

En caso de parto

Terase dereito ao subsidio a partir do mesmo día no que dea comezo o período de descanso correspondente:

  • Dende o mesmo día da data do parto ou a do inicio do descanso, de ser esta anterior.
  • A madre biolóxica poderá anticipar o descanso cunha anterioridade de 4 semanas á data prevista para o parto, data que virá fixada no informe de maternidade do Servizo Público de Saúde. Esta decisión corresponde á nai.

No suposto de que a nai biolóxica estivese en situación de incapacidade laboral, o inicio do descanso e conseguinte subsidio ten lugar en todo caso, na data do parto.

En caso de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento

  • Ben a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ben a partir da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.
  • Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, poderá iniciarse o subsidio ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúa a adopción.

Prestación económica / Importe

A prestación económica por nacemento e coidado de menor consistirá nun subsidio equivalente ao 100 por cento da base reguladora, que será a base de cotización por continxencias comúns do mes inmediatamente anterior ao mes previo ao do feito causante dividida entre o número de días a que a devandita cotización se refira.

Cando a persoa traballadora perciba retribución mensual e permaneza en alta na empresa todo o mes natural, a base de cotización correspondente dividirase entre trinta.

Cando a persoa traballadora ingresase na empresa no mes anterior ao do feito causante, para o cálculo da base reguladora tomará a base de cotización por continxencias comúns correspondente ao mes inmediatamente anterior ao do inicio do descanso ou do permiso por nacemento e coidado de menor.

Se a persoa traballadora ingresase na empresa no mesmo mes do feito causante, para o cálculo da base reguladora tomarase a base de cotización por continxencias comúns do devandito mes.

En caso de parto múltiple e de adopción ou acollemento de máis dun menor, realizados de forma simultánea, concederase un subsidio especial por cada fillo, a partir do segundo, igual ao que corresponda percibir polo primeiro, durante o período de seis semanas inmediatamente posteriores ao parto ou, cando se trate de adopción ou acollemento, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

O devandito subsidio unicamente poderá percibirse por un dos proxenitores ou acolledores, debendo optar porque un deles poida beneficiarse deste, sempre que gocen dun período de descanso de seis semanas ininterrompidas e a xornada completa, inmediatamente seguintes ao parto, adopción ou acollemento múltiples.

O subsidio será aboado nun só pagamento ao termo do período de seis semanas posteriores ao parto e, nos supostos de adopción ou acollemento múltiples, ao termo das seis semanas inmediatamente posteriores á decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

Para os traballadores do Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia, a prestación económica por nacemento e coidado de menor consistirá nun subsidio equivalente ao 100 por cento dunha base reguladora, cuxa contía diaria será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas a este réxime especial durante os seis meses inmediatamente anteriores ao mes previo ao do feito causante entre cento oitenta.

Así mesmo, considéranse especificidades para a base reguladora dos traballadores a tempo parcial, fixos descontinuos e os traballadores por conta propia dos grupos segundo e terceiro do Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

Denegación anulación e suspensión

O dereito ao subsidio pode ser denegado, anulado ou suspendido cando a persoa beneficiaria:

  • Actúe fraudulentamente para obter ou conservar a prestación.
  • Traballe por conta propia ou allea durante os correspondentes períodos de descanso, agás se se trata da percepción do subsidio en réxime de xornada a tempo parcial ou nos supostos de pluriemprego e pluriactividade.

Os períodos de percepción do subsidio corresponderanse cos períodos de descanso que, neses casos, serán os non ocupados pola xornada a tempo parcial ou polos empregos ou actividades que non dan lugar ao subsidio.

  • Nos casos de adopción internacional, cando non achegue a documentación oportuna para considerar constituída a adopción, se transcorreron 4 semanas dende que anticipou o inicio do descanso. 

Pagamento

  • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, no seu, ao Instituto Social da Mariña (ISM).

Extinción

Polo transcurso dos prazos máximos de duración dos períodos de descanso.

Pola reincorporación voluntaria ao traballo do beneficiario do subsidio con anterioridade ao cumprimento do período solicitado. A incorporación voluntaria e prematura ao traballo supón a extinción do dereito á prestación, non só da que se estea a gozar nese momento, senón tamén a que reste (ou quede) por gozar.

Por falecemento do beneficiario.   

Por adquirir o beneficio a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.  


Xestión

  • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), con carácter xeral.
  • O Instituto Social da Mariña (ISM), cando se trate de traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial do Mar


Notificación da resolución

As notificacións e comunicacións dirixidas ás persoas solicitantes ou perceptoras da prestación de nacemento e coidado de menor, incluídas as resolucións da prestación, non se remiten en papel senón que se envían exclusivamente por medios electrónicos.

Pode accederse a elas no servizo da sede electrónica Notificacións telemáticas. Neste vídeo ten información sobre o funcionamento deste servizo: https://youtu.be/KCuTpYlv0yE



Complementary Content
${loading}