Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestacións por enfermidade

A prestación por enfermidade comprende a asistencia farmacéutica, indemnizacións por gastos de enterro en caso de falecemento, a asistencia médica, incluída a hospitalización cando proceda,  que está constituída polos servizos que, a continuación, se indican, así como a práctica de medicina preventiva que, no seu caso, corresponda.

Asistencia médica

Duración:

Será prestada dende que se notifique a enfermidade, mentres esta o precise e ata a súa curación ou a data de terminación do curso, se chegada esta data non se matriculase de novo.

Para estes efectos, considérase notificada a enfermidade mediante a presentación da solicitude normalizada ou de calquera outro documento neste sentido.

Elección de facultativo e centro sanitario:

  • No caso de non tratarse de médico e sanatorio concertados, onde os houbese, o Seguro Escolar aboará as facturas segundo tarifas, correndo a cargo do estudante a posible diferenza, se a houbese.

  • Nos casos de asistencia urxente, ben porque o estudante non se atope en condicións de proceder á elección do centro hospitalario, ou ben pola distancia ata o centro concertado, aboarase ao estudante a totalidade dos gastos ocasionados.

A asistencia médica, que inclúe a hospitalización cando proceda, está constituída polos servizos de cirurxía xeral, neuropsiquiatría, tuberculose pulmonar e ósea e tocoloxía:

Cirurxía xeral:

  • Están incluídas todas as especialidades  a excepción das puramente estéticas e comprende os servizos de aloxamento e manutención, quirófano, a asistencia médica e farmacéutica, así como as próteses de substitución (non as ortopédicas).

  • Os gastos orixinados durante o internamento dende o día do ingreso ata o día da alta, así como os gastos derivados do diagnóstico que motive a intervención cirúrxica.

Neuropsiquiatría:

  • Inclúe o tratamento en réxime de internamento ou ambulatorio de todos os procesos neuropsiquiátricos que pola súa gravidade afecten á continuidade dos estudos, excluídos os denominados trastornos do desenvolvemento psicolóxico e do comportamento e das emocións de comezo habitual na infancia e adolescencia.
  • As sesións de psicoterapia aplicadas por psicólogos estarán incluídas sempre que sexan prescritas por un psiquiatra.

Tocoloxía:

  • Comprende as visitas ao tocólogo previas ao parto, os honorarios médicos (tocólogo, anestesista, enfermeiro e comadroa) e os gastos de internamento como se se tratase de cirurxía.
  • Non comprende os gastos de atención aos acabados de nacer.

Tuberculose: 

  • Nos casos de tuberculoses pulmonar, comprende os servizos de aloxamento e manutención nos centros sanatoriais adecuados, os coidados médicos, pequena e gran cirurxía torácica e a asistencia farmacéutica necesaria.

  • Nos casos de tuberculose ósea, comprende os servizos de aloxamento e manutención nos centros adecuados, o tratamento médico  cirúrxico e a asistencia farmacéutica.

  • O período de hospitalización ou tratamento fíxase en 18 meses, prorrogables por períodos de 3 meses ata un máximo total de 3 anos, sen solución de continuidade.

En determinados casos, pódense outorgar prestacións de fisioterapia, cobaltoterapia, radiumterapia, ril artificial e radioterapia.

Fisioterapia:

  • Recoñecerase cando estea medicamente xustificada nos tratamentos posteriores a unha cirurxía ou en casos de traumatismos derivados de accidente escolar.

  • O tratamento inclúe un número máximo de 30 sesións, aínda que se pode superar con carácter extraordinario este número de sesións nos casos nos que o asesor médico do Seguro Escolar o considere necesario.

  • Aboarase conforme ás tarifas vixentes.

Quimioterapia, radioterapia e cobaltoterapia:

  • Cobre sesións de tratamento, medicación, farmacia hospitalaria, material de lixo, probas de laboratorio, transfusións de sangue, probas radiolóxicas e diagnósticas, así como estadía no hospital.
  • Aboarase o 30% da factura presentada, correspondente aos conceptos relacionados no parágrafo anterior, co límite de 1.502,53 euros.

Prestacións farmacéuticas

  • Prestaranse mentres dure a asistencia médica.
  • Nos casos de internamento, a asistencia farmacéutica será completa sen custo ningún para o estudante.
  • En tratamento ambulatorio, aboarase o 70% do importe da mesma, correspondendo ao beneficiario o aboamento do 30% restante.

Nos casos nos que estas prestacións fosen prescritas por un médico da Seguridade Social, aboarase ao estudante soamente a diferenza entre o 40% aboado como beneficiario da Seguridade Social e o 30% que lle corresponde como protexido do Seguro Escolar.

  • Os medicamentos excluídos do financiamento da Seguridade  Social quedan, igualmente, excluídos do financiamento do Seguro Escolar.
Complementary Content
${loading}