Os documentos que se indican a continuación débense presentar en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa ou en fotocopia xa compulsada, excepto para os documentos de identidade do punto 1 nos que será suficiente a exhibición do orixinal.
1. Acreditación de identidade do solicitante mediante a seguinte documentación en vigor:
2. Certificado da Acta de defunción do falecido.
3. Se existe parentesco entre o solicitante e o falecido, Libro de Familia actualizado ou Actas acreditativas do parentesco expedidas polo Rexistro Civil ou polo rexistro de parellas de feito da comunidade autónoma ou localidade de residencia.
4. Certificado do Concello que acredite a convivencia co falecido da parella de feito e dos parentes distintos do cónxuxe e fillos menores.
5. Se non existe parentesco ou convivencia entre o solicitante e o falecido, documento acreditativo de ter satisfeito os gastos do enterro.