Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Extinción

  • Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito. Non obstante, poderase seguir percibindo a pensión de viuvez, a pesar de que o pensionista contraia un novo matrimonio ou constitúa unha parella de feito, sempre que se acrediten os seguintes requisitos:
    • Ser maior de 61 anos ou menor e ter recoñecida tamén unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou de grande invalidez ou acreditar unha discapacidade en grao superior ao 65%.
    • A pensión de viuvez debe constituír a principal ou única fonte de ingresos do pensionista. Enténdese que constitúe a principal fonte de ingresos cando o importe desta represente, como mínimo, o 75% do total de ingresos de aquel, en cómputo anual.
    • Ter o matrimonio ou parella de feito uns ingresos anuais, de calquera natureza e incluída a pensión de viuvez, que non superen en dúas veces o importe, en cómputo anual, do SMI vixente en cada momento.
  • Por declaración, en sentenza firme, de culpabilidade na morte do causante.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
  • Por condena, en sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións, cando a ofendida fose a causante da pensión, agás que, no seu caso, medie reconciliación entre eles.
    Nestes supostos, a pensión de viuvez que se debese recoñecer incrementará as pensións de orfandade se as houbese.
Complementary Content
${loading}