Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Canto se debe cotizar?

Cota

As cantidades que hai que ingresar á Seguridade Social, chamadas cotas, calcúlanse aplicando á base de cotización do traballador a porcentaxe ou tipo de cotización que corresponde a cada continxencia protexida.

Base de cotización por continxencias comúns

A cotización por continxencias comúns efectúase por bases normalizadas. A normalización refírese a anos naturais e establece a base de cotización aplicable a cada categoría, grupo profesional e especialidade profesional dentro do ámbito territorial de cada una das zonas mineiras. Para iso teranse en conta as remuneracións percibidas ou que tivesen dereito a percibir os traballadores, computables para os efectos de cotización para accidentes de traballo e enfermidades profesionais, durante o exercicio anterior, sen aplicación do tope máximo de cotización.

Estas remuneracións totalizaranse agrupándoas por categorías, grupos profesionais, especialidades profesionais e zonas mineiras, consonte o disposto no artigo 57 do Regulamento xeral de cotización, aprobado polo Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro.

Os importes totalizados dividiranse polo número de días a que correspondan e o resultado obtido será a base normalizada diaria de cotización para continxencias comúns.

O importe desta base normalizada non poderá ser:

  • Inferior, ao fixado para o exercicio inmediatamente anterior, para cada categoría profesional, incrementado na mesma porcentaxe experimentada polo tope máximo xeral, para o que se calculan as bases.
  • Superior, á cantidade que resulte de elevar a contía anual o tope máximo de cotización vixente en cada momento, e dividilo polos días naturais do ano para o que se calculan as bases.

Na actualidade existen catro zonas mineiras: 1ª.- Asturias, 2ª. - Noroeste, 3ª. - Sur e 4ª. - Centro - Levante.

Base de cotización de AT e EP.

A base de cotización calcúlase engadindo ás retribucións mensuais que teña dereito a percibir o traballador, ou que realmente perciba, de ser estas superiores, a parte proporcional das pagas extraordinarias e as demais percepcións de vencemento superior a un mes ou que non teñan carácter periódico e se satisfagan no exercicio.

A base mensual de cotización durante o ano 2016 por Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais estará comprendida dentro destes límites:

  • Mínima:    764,40 euros 
  • Máxima: 3.642,00 euros 

    A base de accidentes do traballo e enfermidades profesionais tamén se utiliza para calcular as cotizacións por Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional.

    Tipo de cotización

    O tipo de cotización durante o 2016, para cada continxencia protexida será o fixado para o Réxime Xeral da Seguridade Social, distribuíndose entre empresarios e traballadores, as súas achegas correspondentes, de acordo co seguinte detalle:

    CONTINXENCIAS SEGURIDADE SOCIAL
    Concepto Empresa Traballador Total
    Continxencias comúns 23,60 4,70 28,30
    Accidentes de traballo e enfermidades profesionais Tarifa primas disposición adicional cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, PXE 2007, en redacción dada pola disposición final oitava da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de PXE 2016. Non cotiza


    OUTROS CONCEPTOS RECADACIÓN CONXUNTA
    Concepto Empresa Traballador Total
    Desemprego Tipo xeral (*) 5,50 1,55 7,05
    Contrato duración determinada tempo completo 6,70 1,60 8,30
    Contrato duración determinada tempo parcial 6,70 1,60 8,30
    Fondo de Garantía Salarial 0,20 Non cotiza 0,20
    Formación Profesional 0,60 0,10 0,70
    Complementary Content
    ${loading}