MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Asistencia sanitaria » Desprazamentos por Europa » Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)

Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)


A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é o documento persoal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante a súa estancia temporal por motivos de traballo, estudos, turismo, no territorio da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia, de acordo coa lexislación do país de estancia.

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico.

Para ampliar información poderá consultar a dirección de Internet http://ec.europa.eu/social



Titulares do dereito e beneficiarios ao seu cargo que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación española e polos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social da Unión Europea.

                              



Por Internet, en Sede Electrónica da Seguridade Social, non sendo necesario dispoñer de certificado dixital para acceder a este servizo

Nalgúns supostos non se poderá solicitar a través deste servizo, senón que deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS), ao ser necesario achegar documentación que acredite o dereito a exportar as prestacións sanitarias.

Calquera que sexa a forma de solicitude da TSE, esta enviarase ao domicilio do solicitante nun prazo non superior a 10 días, non entregándose en man en ningún caso.

Se non se pode obter a TSE, poderá solicitar un Certificado Provisional Substitutivo (CPS)

                              



A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é válida por 2 anos, indicándose a data de caducidade na mesma. Se vostede necesita acreditar o dereito a recibir prestacións sanitarias nun período anterior deberá necesariamente solicitar un Certificado Provisional Substitutivo (CPS).

É importante que antes de realizar un desprazamento a calquera país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou a Suíza, comprobe que dispón de Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) e que o período de validez desta comprende a data de regreso prevista. Se non é así, solicite unha nova Tarxeta para asegurar a cobertura sanitaria durante a súa estancia.

Estados nos que ten validez a TSE:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.



Copyright © Seguridad Social 2013. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.