Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Traballadores

Está vostede en: Inicio  >  Traballadores  >  Afiliación  >  Réximes: ¿Quen os integra?  > Réxime Especial de Empregados do Fogar



Réxime Especial de Empregados do Fogar



Os traballadores comprendidos dentro do campo de aplicación do Réxime Especial de Empregados do Fogar, son os que se dediquen a servizos exclusivamente domésticos para un ou varios cabezas de familia, sempre que estes servizos sexan prestados na casa que habite o cabeza de familia e que perciban un soldo ou remuneración de calquera clase. Están incluídos os traballos de gardería, xardinería, condución de vehículos e outros análogos nos supostos nos que se desenvolvan formando parte do conxunto de tarefas domésticas.

O encadramento dentro deste Réxime Especial efectuarase dependendo do número de horas traballadas e se se trata dun só empregador ou varios, de acordo co seguinte:

- Os empregados do fogar fixos: son os que prestan servizos para un so cabeza de familia durante un tempo igual ou superior a 80 horas de traballo efectivo ao mes.

- Os empregados do fogar descontinuos: son os que prestan os seus servizos para un ou varios cabezas de familia, con carácter parcial ou descontinuo, durante un mínimo de 72 horas de traballo efectivo ao mes, que haberán de realizarse, polo menos, durante 12 días neste mes.



Estarán incluídos neste Réxime Especial, en calidade de empregados do fogar tódolos traballadores, calquera que sexa o seu sexo e estado civil, e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos.
  • Que presten servizos exclusivamente domésticos para un ou varios cabezas de familia, ou a un grupo de persoas, que sen constituír unha familia, convivan no mesmo fogar con tal carácter familiar. 
  • Que estes servizos sexan prestados na casa que habite o cabeza de familia e demais persoas que compoñen o fogar.
  • Que perciba por este servizo un soldo ou remuneración de calquera clase que sexa.

Os empregados do fogar españois residentes no estranxeiro, ao servizo dos representantes diplomáticos, consulares e funcionarios do Estado, oficialmente destinados fóra de España, poderán solicitar a súa inclusión neste Réxime Especial, que lles será outorgada sempre que reúnan os demais requisitos esixidos.



  • Parentes do cabeza de familia por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, excepto familiares do sexo feminino de sacerdotes célibes, que convivan con eles.
  • Afillados ou acollidos de feito ou de dereito.
  • Persoas que prestan servizos amigables, benévolos ou de boa veciñanza.
  • Condutores de vehículos de motor, ao servizo de particulares, xardinería e gardería, cando estas actividades non formen parte do conxunto de tarefas domésticas.


Menú de navegación:

  1. Traballadores
    1. Afiliación
    2. Cotización / Recadación de Traballadores
    3. Prestacións / Pensións de Traballadores
    4. Traballadores do mar
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións