MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

FAQ

Estás en: Inicio » FAQ » Afiliación e inscrición » Afiliación de traballadores

Afiliación de traballadores



Para cambiar os seus datos persoais, deberá dirixirse á Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social máis próxima. Para iso, deberá presentar o seu DNI   e documentación acreditativa das súas alegacións ou tamén pode solicitar por teléfono, chamando ao 901502050, o formulario de actualización de datos que leva impresa a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social que lle corresponda e co selo de franqueo pagado para que, unha vez enchido e asinado, sexa depositado nunha caixa do correos. Esta Dirección Provincial efectuará o cambio solicitado.



O informe de vida laboral pódese obter a través dos seguintes medios:

  1. Se dispón de certificado dixital, o pode obter directamente dende o seu ordenador.
  2. Se non dispón deste certificado dixital, pode solicitalo a través da Sede Electrónica, mediante o servizo para a petición do Informe de vida laboral sen certificado dixital.
    • Neste suposto, os datos de Número da Seguridade Social, DNI   e domicilio deben coincidir cos da base de datos da Seguridade Social para que se envíe o informe ao seu domicilio.
    • Realizada a petición enviaráselle unha mensaxe, á dirección de correo electrónico que nos facilite, para informalo do seu estado.
    • Transcorridas 24 horas da recepción deste correo, poderá coñecer o estado da súa petición a través do servizo "Consulta de estado de solicitude de informes".
  3. Chamando ao 901 50 20 50 as 24 horas do día.


De observar algunha incidencia ou erro na información subministrada no informe de vida laboral, deberá poñerse en contacto coa Administración da Seguridade Social máis próxima, xunto coa documentación que acredite o dereito alegado, co fin de que por esta se realicen, se procede, as modificacións que sexan pertinentes.

Se dispón dun certificado dixital, tamén poderá solicitar a rectificación de calquera erro detectado no informe mediante o servizo de Solicitude de rectificación de informe de vida laboral da nosa Sede Electrónica. Se non dispón dun certificado dixital, nesa páxina tamén dispón de información sobre como obtelo.



Se se realizan actividades por conta allea e por conta propia simultaneamente, enmarcables en dous réximes distintos da Seguridade Social, débese figurar de alta e cotizar en ambos os réximes.

En primeiro lugar, hai que determinar se procede enmarcar a situación do traballador no réxime especial de traballadores autónomos. O artigo   do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, regulador do réxime especial de traballadores autónomos (RETA), define o traballador por conta propia ou autónomo como aquel que realiza de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas. En calquera caso, será a Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social que lle corresponda a que, á vista da documentación concreta, lle indique se procede ou non o seu encadramento no RETA. 
  
No referente á cotización, a normativa actual en materia de Seguridade Social non prevé ningún desconto na cotización se por razón da súa actividade laboral debe estar incluído simultaneamente nos réximes xeral e de traballadores autónomos.

A dobre cotización ou pluriactividade poderá dar dereito á remuneración das prestacións por cada un dos réximes nos que estea dado de alta, cando se acrediten as correspondentes cotizacións superpostas e sempre que se cumpran os requisitos esixidos por cada réxime para alcanzar o dereito a elas.


 



  • Traballadores por conta allea, retribuídos con salario ou coa parte proporcional, empregados en calquera das actividades seguintes:

    • Mariña mercante.
    • Pesca marítima en calquera das súas modalidades.
    • Extracción doutros produtos do mar.
    • Tráfico interior de portos e embarcacións deportivas e de recreo.
    • Traballadores de carácter administrativo, técnico e subalternos das empresas anteriores.
    • Traballo de estibadores portuarios.
    • Servizo auxiliar sanitario e de fonda e cociña prestado aos emigrantes españois a bordo das embarcacións que os transportan.
    • Persoal ao servizo das confrarías de pescadores e as súas federacións, e de cooperativas do mar.
    • Calquera outra actividade marítimo-pesqueira cuxa inclusión neste Réxime sexa determinada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
  • Os armadores de embarcacións que sexan de máis de 10 toneladas ou leven enrolados máis de cinco tripulantes, se figuran no rol e perciben como retribucións polo seu traballo unha participación no "Monte Menor" ou un salario como tripulante, quedan asimilados a traballadores por conta allea, agás a efectos de desemprego.

  • Traballadores por conta propia que realizan de forma habitual, persoal e directa, algunha das actividades que a continuación se enumeran, sempre que esta constitúa o seu medio fundamental de vida:

    • Armadores de embarcacións que non excedan de 10 toneladas de rexistro bruto, non leven máis de cinco persoas enroladas incluído o armador, e nas cales este vaia enrolado como técnico ou tripulante.
    • Os que se dediquen á extracción de produtos do mar.
    • Os redeiros que non realicen as súas faenas por conta dunha empresa pesqueira determinada

  • Tamén poden incluírse o cónxuxe e os familiares, ata o segundo grao de consanguinidade, afinidade ou adopción do traballador autónomo, se traballan, conviven e dependen economicamente daquel, agás proba de que son traballadores por conta allea.


Para coñecer o número de afiliación á Seguridade Social, pode dirixirse a calquera Administración da Seguridade Social  e facilitaranlle non só o número, senón un duplicado da tarxeta da Seguridade Social. Se dispón dun certificado dixital,  vostede poderá obter un duplicado da tarxeta de Seguridade Social accedendo aos sus datos persoais a través da Sede Electrónica. Se non dispón de certificado dixital, nesta mesma sección pode atopar información acerca de  como obtelo.



Se perde a súa tarxeta de afiliación ou necesita un duplicado dela, pode dirixirse á Administración da Seguridade Social  máis próxima, onde lle facilitarán unha nova. Se dispón dun certificado dixital,  vostede poderá realizar este trámite accedendo aos seus datos persoais a través de Internet, mediante o servizo Duplicado da Tarxeta de Afiliación na Sede Electrónica. Se non dispón de certificado dixital, nesta mesma sección pode atopar información acerca de  como obtelo.



Os convenios colectivos non entran dentro das competencias da Seguridade Social, senón que son competencia da autoridade laboral que lle corresponda en función do ámbito territorial de aplicación do convenio do que se trate, é dicir, a Dirección Xeral de Traballo se é un convenio de ámbito estatal ou o organismo competente no ámbito da Comunidade Autónoma de que se trate se é de aplicación nunha determinada Comunidade Autónoma.



Para calquera tema relacionado coa tarxeta sanitaria da Seguridade Social, deberá dirixirse ao ambulatorio ou centro de atención primaria que lle asignara o organismo correspondente encargado de prestar a asistencia sanitaria na súa Comunidade Autónoma. Esta información, non obstante, non lle compete ao ámbito da nosa web.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS