Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

A Seguridade Social

Está vostede en: Inicio  >  A Seguridade Social  >  Quen somos?  > Instituto Social da Mariña (ISM)



Instituto Social da Mariña (ISM)

 

Que é o Instituto Social da Mariña?

O Instituto Social da Mariña é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, de ámbito nacional, que actúa baixo a dirección e tutela do Ministerio de Traballo e Inmigración, adscrita á Secretaría de Estado da Seguridade Social.

Que competencias ten?

  • A xestión, administración e recoñecemento do dereito ás prestacións do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
  • En colaboración coa Tesourería Xeral, a inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores, recadación e control de cotizacións. 
  • A asistencia sanitaria dos traballadores do mar e dos seus beneficiarios dentro do territorio nacional. A asistencia sanitaria dos traballadores do mar a bordo e no estranxeiro, utilizando os seus propios medios, tales como centro radio-médico, banco de datos, centros no estranxeiro, buques sanitarios e outros que poidan implantarse, ou acordando a evacuación e repatriación de traballadores enfermos ou accidentados. 
  • A información sanitaria aos traballadores do mar, a educación e distribución da Guía sanitaria a bordo, a práctica dos recoñecementos médicos previos ao embarque, a inspección e control dos medios sanitarios a bordo e das condicións hixiénicas das embarcacións e calquera outra función de medicina preventiva e educación sanitaria que lle poida ser delegada. 
  • A formación e promoción profesional dos traballadores do mar, así como a atención ao seu benestar a bordo ou en portos (nacionais ou estranxeiros) e ao das súas familias, en cumprimento da recomendación 138 da Organización Internacional do Traballo.
  • En cumprimento do Convenio nº 9 da Organización Internacional do Traballo, a promoción –en colaboración co Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal– das accións que competen a este cando se refiran aos traballadores do mar, tanto na xestión das prestacións de desemprego como no relativo á colocación da xente do mar.
  • A realización de estudos, a conformación ou proposta de proxectos de normas ou programas e a participación na elaboración de convenios internacionais que afecten ao sector marítimo-pesqueiro.


Menú de navegación:

  1. Traballadores
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
    1. Historia da Seguridade Social
    2. Quen somos?
    3. Cartas de servizos
    4. Publicacións
    5. Documentación xeral
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións