Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Sanidade Marítima

O Programa de Sanidade Marítima recolle todas aquelas competencias e funcións, propias e específicas do Instituto Social da Mariña, en relación coa atención sanitaria da xente do mar a bordo ou no estranxeiro. Para elaborar este programa pártese dunha concepción totalizadora da idea de saúde no traballador do mar, entendendo por tal, como sinala a Organización Mundial da Saúde (OMS), non só a ausencia de enfermidade senón tamén o perfecto estado de benestar mental e social.

Por outra parte, o ambiente sociolaboral dos traballadores do mar, onde están máis expostos a "factores de risco" que a poboación traballadora en xeral, xustifica a necesidade dun Programa Sanitario Específico para todos os mariños embarcados e no estranxeiro, que trate de minimizar aqueles factores que inciden de forma negativa na saúde dos traballadores do mar e nos seus índices de sinistralidade laboral.

En definitiva, o obxectivo global e prioritario do Programa de Sanidade Marítima é articular un modelo práctico, baseado en mecanismos tanto asistenciais como preventivos que, de forma integral e planificada, oferte e achegue os medios asistenciais e sanitarios que necesita o sector para o desenvolvemento da súa actividade.

Este programa de atención integral aséntase sobre dous piares de atención ben diferenciados e interrelacionados: o nivel preventivo e o nivel asistencial.

Política de calidade da Subdirección Xeral de Acción Social Marítima


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Política de calidad de la Subdirección General de Acción Social Marítima Descargar documento Política de calidad de la Subdirección General de Acción Social Marítima. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Política de calidad de la Subdirección General de Acción Social Marítima. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,158 KB) 25/04/2022
Complementary Content
${loading}