Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Contía / Aboamento

Contía

A contía da pensión calcúlase aplicándolle á base reguladora a porcentaxe correspondente.

  • Base reguladora: calcúlase da mesma forma que na pensión de viuvez.

  • Se o falecemento foi debido a accidente de traballo (AT) ou enfermidade profesional (EP), concédese, ademais, a cada orfo unha indemnización especial dunha mensualidade da base reguladora.

  • Nos casos de orfandade absoluta, as prestacións correspondentes ao orfo incrementaranse nos termos e condicións seguintes:

    1. Cando á morte do causante non exista beneficiario da pensión de viuvez, a contía da pensión de orfandade incrementarase co importe resultante de aplicar sobre a base reguladora o 52%.

    2. Cando á morte do causante exista algún beneficiario da pensión de viuvez, a pensión de orfandade poderá, no seu caso, incrementarse no importe resultante de aplicar sobre a base reguladora a porcentaxe de pensión de viuvez que non fose asignada.

    3. Cando o proxenitor sobrevivente faleza sendo beneficiario da pensión de viuvez, procederase a incrementar a porcentaxe da pensión que tivera recoñecida o orfo, sumándolle o que se aplicase para determinar a contía da pensión de viuvez extinguida.

    4. En calquera dos supostos previstos nos tres parágrafos anteriores, se existen varios orfos con dereito a pensión, a porcentaxe de incremento que corresponda distribuirase a partes iguais entre todos eles.

    5. Os incrementos regulamentados nos parágrafos 1 a 4 en ningún caso darán lugar a que se supere o límite establecido para as pensións por morte e supervivencia. Non obstante, estes incrementos serán compatibles coa prestación temporal de viuvez, podendo ser recoñecidos durante a percepción desta última.

    6. En caso de falecemento por AT ou EP, a indemnización que se recoñeza aos orfos absolutos incrementarase coa que correspondese ao cónxuxe ou a que fose cónxuxe ou parella de feito do falecido. En caso de concorrer varios beneficiarios, o incremento distribuirase a partes iguais entre todos eles.

    7. Os incrementos establecidos só poderán ser recoñecidos con respecto a un só dos proxenitores, cando concorran nun mesmo beneficiario pensións causadas polo pai e a nai.

  • Incremento das pensións de orfandade e a favor de familiares, en determinados supostos.

Cando, a teor do establecido no artigo 231 do Texto Refundido da LGSS, o condenado por sentenza firme pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas non puidese adquirir a condición de beneficiario da pensión de viuvez, ou a perdese, os seus fillos que sexan titulares da pensión causada pola vítima do delito terán dereito ao incremento previsto regulamentariamente para os casos de orfandade absoluta. Disposición Final décima tres da Lei 26/2015.

Das cantidades que correspondan en concepto de incremento da pensión de orfandade ou en favor de familiares descontarase, se é o caso, o importe que por alimentos tivese percibido o seu beneficiario a cargo da pensión de viuvez suspendida, conforme o disposto no artigo 232 do Texto Refundido da LGSS.  

Nos supostos de violencia de xénero, cando o proxenitor supervivente perdese a condición de beneficiario da pensión de viuvez, o orfo terá dereito aos incrementos previstos para os casos de orfandade absoluta.
Así mesmo, asimílase a orfo absoluto o orfo dun só proxenitor coñecido.

  • Límite das prestacións:
    • Se existen varios beneficiarios, a suma das contías de todas as pensións por morte e supervivencia non poderá superar o 100% da base reguladora, agás para garantir o mínimo de pensión vixente en cada momento.

      Esta limitación aplícase á determinación inicial das contías citadas, pero non afecta as revalorizacións periódicas que procedan no sucesivo.

      Para os efectos da limitación do 100% da base reguladora, as pensións de orfandade terán preferencia sobre as pensións a favor doutros familiares.

    • O límite do 100% establecido con carácter xeral para a suma das pensións de viuvez e orfandade poderá ser superado en caso de concorrencia de varias pensións de orfandade cunha pensión de viuvez cando a porcentaxe a aplicar á correspondente base reguladora para o cálculo desta última sexa superior ao 52%, se ben, en ningún caso, o importe da orfandade poderá superar o 20% nin a suma delas poderá superar o 48% da base reguladora que corresponda.

      A porcentaxe máxima para cada orfo é do 20% e o máximo a repartir entre as orfandades é do 48%, tanto se á viuvez lle corresponde un 52% ou coma unha porcentaxe superior ao 52% (56% ou 70%).

    • Cando concorran nun mesmo beneficiario pensións causadas polo pai e a nai, as pensións orixinadas por cada un dos causantes poden alcanzar ata o 100% da súa respectiva base reguladora.

Aboamento

  • A pensión abóase aos beneficiarios mensualmente, con dúas pagas extraordinarias ao ano, que se fan efectivas coas mensualidades de xuño e novembro, agás nos casos de accidente de traballo e enfermidade profesional, nos que están rateadas dentro das doce mensualidades ordinarias.
  • A pensión, incluído o importe da pensión mínima, revalorízase ao comezo de cada ano, de acordo co disposto no artigo 58 da Lei Xeral da Seguridade Social e no Real Decreto de revalorización de pensións que se publica anualmente.
  • Garántense contías mínimas mensuais por beneficiario. No caso de orfandade absoluta, o mínimo de orfandade increméntase coa contía mínima da pensión de viuvez do titular menor de 60 anos sen cargas familiares, distribuíndose esta contía entre o número de orfos, se son varios.
  • A partir do 01-01-2003, a pensión está exenta de tributación para os efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
  • A pensión aboarase:

    • Se o orfo é menor de 18 anos, a quen o teña ao seu cargo, en tanto cumpra coa obriga de mantelo e educalo, ou a quen teña atribuída a garda do menor, se este se atopa en situación de desamparo constatado pola entidade pública competente.

      No caso de que os fillos de quen fose condenado por sentenza firme pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas, nos termos sinalados no artigo 231, sendo menores de idade ou persoas con capacidade xudicialmente modificada, fosen beneficiarios de pensión de orfandade causada pola vítima, a devandita pensión non lle será aboable á persoa condenada. Disposición Final Décima da Lei 26/2015.

      En ningún caso, será aboada a pensión a quen fose condenado, por sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións cando a ofendida polo delito fose o seu cónxuxe ou ex cónxuxe, ou estivese ou estivera ligado a ela por análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia, agás que mediara reconciliación entre eles.  

    • Se o orfo é maior de 18 anos, aboarase directamente a este, agás que fose declarado incapacitado xudicialmente, en cuxo caso se aboará a quen teña atribuída a súa garda.

Complementary Content
${loading}