Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Beneficiarios

  • As persoas incluídas no Réxime Xeral, afiliadas e en alta ou en situación asimilada á de alta, que reúnan as condicións de idade, período mínimo de cotización e feito causante, legalmente establecidos.

Considéranse situacións asimiladas á de alta, para estes efectos, as seguintes:

    • A situación legal de desemprego, total e subsidiado, e a de paro involuntario unha vez esgotada a prestación contributiva ou asistencial, sempre que en tal situación se manteña a inscrición como desempregado na oficina de emprego.
    • A situación do traballador durante o período correspondente a vacacións anuais retribuídas que non se gozasen con anterioridade á finalización do contrato.
    • A excedencia forzosa.
    • O período de tempo en que o traballador permaneza en situación de excedencia por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares, que exceda do período considerado de cotización efectiva no artigo 237 da LGSS.  
    • O traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional.
    • Os períodos de inactividade entre traballos de tempada. 
    • Os períodos de prisión sufridos como consecuencia dos supostos contemplados na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de amnistía, nos termos regulados na Lei 18/1984, do 8 de xuño.
    • Os períodos de percepción da axuda equivalente a xubilación anticipada e da axuda previa á xubilación ordinaria. 
    • A situación de incapacidade temporal que subsista unha vez extinguido o contrato.
    • A situación de maternidade ou paternidade que subsista unha vez extinguido o contrato de traballo ou que se inicie durante a percepción da prestación por desemprego.
    • No caso dos artistas e profesionais taurinos, os días que se consideren cotizados dentro de cada ano natural en aplicación das normas que regulan a súa cotización e que non se correspondan cos de prestación de servizos (tamén servirán para completar o período mínimo de cotización esixido, para a determinación da porcentaxe e para o cálculo da base reguladora). 
    • No caso dos traballadores afectados pola síndrome tóxica que, por tal causa, cesaron no seu día no exercicio da súa actividade laboral ou profesional, sen que puidesen continuar ese exercicio, e que estiveran en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social, a situación asimilada entenderase con respecto ao réxime no que o traballador estivese encadrado cando cesou na súa actividade e para as continxencias comúns.
    • O período de suspensión do contrato de traballo por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima da violencia de xénero.
  • Tamén serán beneficiarios os traballadores afiliados ao Sistema da Seguridade Social que, na data do feito causante, non estean en alta ou en situación asimilada á alta, sempre que reúnan os requisitos de idade e cotización establecidos.
Complementary Content
${loading}