Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Empresas afectadas pola disposición final 12ª da Lei 27/2011

A disposición final 12ª da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social, na redacción dada polo Real Decreto-lei 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, prevé que se seguirá aplicando a regulación da pensión de xubilación, nas súas diferentes modalidades, requisitos de acceso e condicións e regras de determinación de prestacións, vixentes, antes da entrada en vigor da Lei 27/2011, ás persoas con relación laboral suspendida ou extinguida como consecuencia de decisións adoptadas en expedientes de regulación de emprego, ou por medio de convenios colectivos de calquera ámbito, acordos colectivos de empresa así como por decisións adoptadas en procedementos concursais, aprobados, subscritos ou declarados con anterioridade ao 01-04-2013, sempre que a extinción ou suspensión da relación laboral se produza con anterioridade ao 01-01-2019.

De igual modo, e para os mesmos efectos, seralles de aplicación a regulación da pensión de xubilación vixente antes do 01-01-2013, aos que accedesen á pensión de xubilación parcial con anterioridade ao 01-04-2013, así como ás persoas incorporadas antes da devandita data a plans de xubilación parcial recollidos en convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresa con independencia de que o acceso á xubilación parcial se producise con anterioridade ou posterioridade ao 01-04-2013.

En desenvolvemento das disposicións establecidas en materia de prestacións pola Lei 27/2011, o |R.D. 1716/2012, do 28 de decembro, determina que mediante Resolución da Dirección Xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e da Dirección do Instituto Social da Mariña (ISM) se elaborará unha relación de empresas afectadas por expedientes de regulación de emprego, convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresa, ou decisións adoptadas en procedementos concursais, nos que resulten de aplicación as previsións da disposición final duodécima da Lei 27/2011, do 1 de agosto.

As previsións iniciais contidas ao respecto polo R.D. 1716/2012, foron obxecto de modificación posterior por Real Decreto-lei 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, de forma que estendeu as posibilidades de aplicación da lexislación anterior ao 01-01-2013 aos instrumentos aprobados, subscritos ou adoptados con anterioridade ao 01-04-2013, ampliou o prazo para a súa presentación ata o día 15-04-2013 e introduciu a comunicación preceptiva dos acordos colectivos de empresa con carácter previo ao día 15-04-2013, como condición indispensable para o recoñecemento das pensións de xubilación de conformidade coa regulación da pensión de xubilación vixente a 31-12-2012.

 

Relación de empresas afectadas pola disposición final 12ª da Lei 27/2011, do 1 de agosto, correspondentes ao INSS

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Empresas afectadas correspondentes ao INSS Descargar documento Empresas afectadas correspondentes ao INSS. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Empresas afectadas correspondentes ao INSS. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,9616 KB) 10/04/2014

Relación de empresas afectadas pola disposición final 12ª da Lei 27/2011, do 1 de agosto, correspondentes ao ISM

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Empresas afectadas correspondentes ao ISM Descargar documento Empresas afectadas correspondentes ao ISM. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Empresas afectadas correspondentes ao ISM. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,65 KB) 10/04/2014
Complementary Content
${loading}